A Mariña, 20 de outubro, 2026. A Plataforma Sanitaria da Mariña volve lanzar unha voz de alarma ante o deterioro acelerado da sanidade pública na comarca. O colectivo subliña que a crise actual vai máis alá da xa habitual falta de persoal e que se está producindo unha profunda perda de calidade asistencial, xerando un sentimento de desamparo tanto entre pacientes como entre profesionais, sobrecargados e ao límite das súas capacidades.
A coordinadora da plataforma, Montse Porteiro, é contundente: “Non estamos a falar só dun grave déficit de persoal ou de listas de agarda inasumibles; estamos diante dunha perda progresiva e moi perigosa da calidade asistencial. A poboación percibe que a atención xa non é a que era e @s profesionais non dan máis de si. A frustración é xeral e a sensación de abandono na Mariña é insostible”.
Caos na atención pediátrica e déficit estrutural de matronas
A plataforma cualifica a situación da atención primaria como “completamente caótica”, afectando especialmente aos servizos máis sensibles.
Pediatría baixo mínimos
A ausencia da pediatra de Foz, Alfoz e Valadouro está a ser substituída de forma insuficiente, con presenza profesional só algunhas horas e días soltos.
Burela e Viveiro dispoñen unicamente do 50% da dotación de pediatría, no caso de Viveiro desde 2019.
Matronas: unha dotación “ridícula”
A comarca conta con máis de 31.000 mulleres maiores de 15 anos, polo que serían necesarias 8 matronas en primaria para garantir unha atención axeitada.
Porén, só hai 3, cifra que a plataforma cualifica como “absolutamente ridícula” e mostra da vulnerabilidade na atención á saúde das mulleres mariñás.
Déficits crónicos en medicina de familia
A maioría dos centros de saúde arrastran un déficit prolongado de persoal médico, provocando agardas de ata 20 días ou máis para unha consulta.
Localidades como Mondoñedo, Barreiros, Trabada, Valadouro, Ourol ou O Vicedo sofren esta situación de maneira crónica. No Vicedo, a veciñanza leva case tres anos de loita pola cobertura completa de médicos sen obter solución.
Fisioterapia infrautilizada e listas de agarda interminables
A plataforma denuncia que, mentres a Xerencia alega falta de espazo para crear unha unidade de fisioterapia en Burela, existen ximnasios nalgúns centros funcionando ao 50%.
O uso completo destas instalacións permitiría reducir as listas de agarda e paliar temporalmente a desigualdade asistencial en fisioterapia.
Desmantelamento de servizos hospitalarios básicos
Segundo Adolfo Corral Calviño, integrante da plataforma, existe unha “vontade intencionada de desmantelamento” do Hospital da Mariña desde a eliminación da área sanitaria. “As e os pacientes teñen un sentimento de indefensión e abandono. Reciben desviacións a centros a máis de cen quilómetros, onde non teñen profesionais de referencia. É un abandono asistencial”.
Corral lembra feitos como:
– Paralización cirúrxica durante o verán
– Derivacións crecientes ao HULA e a hospitais privados
– Peche de 36 camas no verán
– Ausencia total de persoal en Medicina Preventiva, servizo imprescindible para garantir bioseguridade hospitalaria
– Falta de cobertura en Otorrinolaringoloxía, deixando pacientes sen atención durante meses
Saúde mental e HADO: os grandes esquecidos
O médico xubilado Carlos Fernández Fraga denuncia que o servizo HADO funciona con un único médico para todo o distrito, deixando sen atención a numerosos concellos. “É un servizo que non utiliza robots nin tecnoloxía punteira, senón as mans do persoal e a súa empatía. Para a consellería parece non ser importante”.
A saúde mental vive unha crise profunda:
– 7 meses de agarda para psiquiatría ou psicoloxía clínica
– Só 2 psicólogas clínicas, moi por debaixo das ratios estatais e europeas
– Imposibilidade de realizar psicoterapia
– Hipermedicalización como única saída
– Incremento de enfermidades mentais en infancia e mocidade
– Ausencia de hospital de día infanto-xuvenil e unidade de prevención de suicidios
Montse Porteiro pregunta ao PP e ao senador Balseiro: “¿Estes son os ‘máis e mellores servizos’ que prometían tras eliminar a área sanitaria da Mariña? A involución é obxectiva e percibida por persoal e pacientes, que se senten abandonados”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



