Antonio Ameijide explica que “cómpre apoiar esta actualización, froito dun proceso de traballo, diálogo e participación que busca adaptar as políticas de promoción do galego ás novas formas de socialización e favorecer o seu uso en todos os ámbitos da vida pública”
Lugo, 20 de outubro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no vindeiro pleno unha moción para que o pleno da corporación provincial dea o seu apoio á actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobada no Parlamento de Galicia o 7 de outubro.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “cómpre apoiar esta actualización, froito dun proceso de traballo, diálogo e participación que busca adaptar as políticas de promoción do galego ás novas formas de socialización e favorecer o seu uso en todos os ámbitos da vida pública”.
Por este motivo, as administracións públicas teñen a responsabilidade de garantir o uso normal e oficial tanto do galego como do castelán, potenciando o emprego do idioma galego nos distintos ámbitos da sociedade.
O voceiro popular destaca “a importancia de manter o consenso arredor da lingua”, unha liña de traballo que xa permitiu aprobar por unanimidade no Parlamento galego tanto a Lei de normalización lingüística de 1983 como o Plan xeral de normalización da lingua galega, polo que “tamén é importante apoiar os avances que permitan actualizar este marco e responder aos novos retos sociais”.
A actualización do Plan é o resultado dun amplo proceso de participación impulsado polo Goberno galego no marco do Pacto pola lingua. O documento recolle case 700 medidas, elaboradas a partir do traballo de máis de 130 profesionais de diferentes sectores e das 1.400 achegas recibidas de institucións, asociacións, entidades e particulares, a través de máis de 400 contactos e dunha caixa de correo habilitada para este fin.
Cómpre recordar que este documento pon en valor o diálogo desenvolvido durante semanas entre todos os grupos representados na Cámara galega, excepto o BNG. “As negociacións permitiron incorporar achegas e enriquecer o documento inicial, mantendo os aspectos fundamentais do traballo realizado polas comisións especializadas”, destacou.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



