O programa xa arrancou con obradoiros de manualidades e estimulación cognitiva, acompañamento diario polas tardes e sesións de intervención asistida con cans
Cervo, 20 de outubro, 2026. O Concello puxo en marcha o programa municipal Arruguiñas tamén nas instalación do Centro de Día Residencia, co obxectivo de achegar ás persoas maiores novas oportunidades de participación, socialización e benestar, adaptadas ás súas necesidades e ao seu día a día no centro.
A iniciativa xa está en marcha con diferentes propostas, entre as que destacan os obradoiros de manualidades «Coas túas mans», pensados para estimular a creatividade e favorecer a participación a través de actividades prácticas, e os talleres de habilidades cognitivas, centrados no traballo da atención, a concentración e a psicomotricidade.
Ademais, o programa conta cunha monitora todas as tardes, que acompaña as persoas residentes e dinamiza as actividades, favorecendo a interacción, o entretemento e o mantemento das capacidades a través dunha atención próxima e adaptada.
Outra das propostas máis especiais son as sesións de intervención asistida con cans, que se desenvolven da man de Emotivavet coa cadela Tila. Estas actividades buscan favorecer a expresión emocional, a comunicación e a interacción social, creando momentos de conexión e benestar para as persoas participantes.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, visitou tamén hai uns días a residencia para coñecer de primeira man a evolución do centro e as melloras realizadas nas súas instalacións.
Entre as novidades destaca a reorganización dos espazos impulsada pola nova xerencia, que decidiu trasladar o ximnasio á planta 0, facilitando o acceso e o uso desta instalación, e destinar a sala da planta -1 a actividades para as persoas residentes. Esta redistribución permite dispoñer dun espazo específico para propostas colectivas, mentres que a sala de ximnasio se orienta ao traballo físico e á rehabilitación funcional, contribuíndo a manter a mobilidade, a autonomía e as capacidades das persoas maiores.
A alcaldesa puxo en valor tanto a posta en marcha de Arruguiñas na residencia como as melloras realizadas, destacando a importancia de sumar esforzos para ofrecer unha atención integral ás persoas maiores.
“Para nós é fundamental que Arruguiñas chegue tamén ás persoas usuarias do CDR. Queremos que poidan desfrutar de actividades que lles resulten estimulantes, que lles permitan compartir momentos, manter as súas capacidades e sentirse acompañadas. O benestar das persoas maiores debe estar sempre no centro das nosas políticas”, sinalou García Caramés.
A rexedora engadiu que “é moi positivo ver como se van mellorando os espazos e adaptando as instalacións ás necesidades das persoas residentes. A combinación de actividades de estimulación, acompañamento e intervención asistida con animais, xunto cunha contorna axeitada, contribúe a mellorar o seu día a día e a súa calidade de vida”.
Con esta iniciativa, o Concello de Cervo reafirma o seu compromiso co envellecemento activo, a atención ás persoas maiores e o desenvolvemento de propostas que favorezan a súa autonomía, participación e benestar en todas as etapas da vida.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



