Esixe que o Concello garanta unha subministración provisional mediante un camión cisterna ou outros medios ata que se restableza o servizo con garantías
Abadín, 20 de outubro de 2026. O voceiro do PSdeG de Abadín, Pablo Díaz, denuncia que catro vivendas do lugar da Arca, na parroquia de Montouto, levan meses sen subministración de auga sen que o goberno municipal do PP dea unha resposta efectiva. “É unha situación inadmisible que afecta directamente á vida cotiá das familias e ao coidado do seu gando”, advirte o voceiro socialista, que esixe a Rancaño que actúe de inmediato para garantir o abastecemento.
Díaz explica que a veciñanza se ve obrigada a transportar auga polos seus propios medios, coas dificultades que supón carecer dunha subministración regular durante tanto tempo. “Non é aceptable que leven meses soportando esta situación sen unha solución”, advirte.
O voceiro socialista traslada o sentimento de abandono das persoas afectadas, que seguen sen saber canto tempo máis terán que continuar nestas condicións, e responsabiliza ao executivo de Rancaño da falta dunha resposta efectiva ante unha necesidade básica.
O PSdeG reclama ao Concello que adopte as medidas necesarias para garantir de inmediato unha subministración provisional, mediante un camión cisterna ou calquera outra alternativa que permita atender as necesidades das vivendas afectadas e do gando. Esta resposta, sinala Díaz, debe manterse ata que se restableza o servizo con garantías.
“Non caben máis esperas. Garantir unha necesidade tan básica debe ser unha prioridade para o goberno municipal. Esiximos ao alcalde que asuma a súa responsabilidade e poña os medios necesarios para garantir o abastecemento de inmediato. Os veciños e veciñas da Arca non poden seguir agardando sen saber cando van recuperar o servizo”, conclúe.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



