A Mariña, 21 de outubro de 2026. ADEGA reclama á Valedora do Pobo que abra unha investigación pola actuación neglixente da Xunta de Galiza, e principalmente da Consellería de Medio Rural, que está a provocar a proliferación descontrolada de plantacións de eucalipto infrinxindo a normativa e incrementando a vulnerabilidade do territorio galego fronte aos incendios e a seca.
Galiza experimenta desde hai décadas unha expansión vertixinosa das plantacións de eucalipto, que progresivamente substitúen outras coberturas vexetais como masas de bosque húmido autóctono, pasteiros, terras agrícolas e áreas de matogueira, entre outros. Arestora, a superficie de eucalipto, segundo datos oficiais da propia Xunta, supera xa as 438.000 hectáreas (sen ter en conta as masas mixtas con outras especies).
Detrás desta expansión incontrolada está a inactividade e o desleixo da Xunta á hora de aplicar a normativa en vigor, xa que multitude de plantacións infrinxen o disposto na Lei 7/2012 de Montes, na Lei 3/2007 de Prevención de Incendios e nas sucesivas moratorias decretadas pola propia administración, sen que esta actúe de oficio para esixir o cumprimento da norma.
En 2021, a Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria estableceu na súa disposición transitoria novena unha moratoria de tres anos para novas plantacións de eucalipto. Cinco anos despois, podemos dicir que a moratoria foi un absoluto fracaso. O Plan Forestal de Galiza preveu un aumento das plantacións de eucalipto do 3% para o período 2021-2025 e unha rebaixa dun 4% e 5% para os anos 2035 e 2040. Segundo os datos do Inventario Forestal Continuo de Galiza (IFCG), desde o inicio da moratoria en 2021 produciuse un incremento dunhas 30.000 hectáreas, o que supón un aumento do eucalipto de case o 7%, máis do dobre do previsto para este período, mentres que a superficie de frondosas retrocedeu un 0,7 %.
Desleixo, escurantismo e impunidade por parte da Xunta
Este desfase respecto ás previsións débese, en parte, a que a moratoria se anunciou varios meses antes da súa entrada en vigor, causando un claro “efecto chamada”. Mais tamén resultou chave a inactividade e a neglixencia administrativas: por unha banda, a renuncia a inspeccionar de oficio, e por outra, o incumprimento da obriga de resolver gran parte dos expedientes iniciados tras presentarse denuncias. Este escandaloso absentismo da Xunta espalla a mensaxe de que a normativa non serve de nada e que as infraccións en materia forestal van quedar impunes.
Paralelamente, a Consellería de Medio Rural segue a autorizar o cambio de uso forestal a agrícola e a tala de bosque autóctono para ampliar a superficie de pasteiros. Prodúcese así unha situación aberrante: mentres a Xunta autoriza a corta de masas de frondosas para recuperar superficie de prados e pasteiros, tolera coa súa pasividade a ocupación ilegal destes con eucalipto. Un contrasentido que pon de manifesto a non-política de “deixar facer” cun elevadísimo impacto medioambiental e aumento dos riscos -lumes catastróficos- para a cidadanía.
Tampouco se coñecen datos oficiais da Xunta sobre o control das plantacións ilegais de eucalipto, senón só artigos de prensa. Dende a entrada en vigor da moratoria en xullo de 2021 e até xullo de 2025, ADEGA denunciou 680 parcelas con plantacións ilegais deste monocultivo. Fronte a estas denuncias, a Xunta raramente actúa de oficio, polo que deixa a expensas da veciñanza e as organizacións cidadás as tarefas de control e denuncia que corresponden aos organismos públicos.
A meirande parte dos expedientes incoados non chegan nunca a resolverse, e incumpren así a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo. Nos casos nos que se culmina un expediente sancionador (1,69%), as multas son de escaso importe e as plantacións de eucalipto case sempre fican sen ser retiradas, polo que se incumpre tamén a obriga de reparar o dano do art. 133 da Lei de Montes.
Semellante desleixo institucional, afirman, contribúe a que, na práctica, as plantacións de eucalipto gocen dunha impunidade que abeira na prevaricación. E a situación vai empeorar coas novas medidas de flexibilización da “moratoria” anunciadas pola Xunta nos orzamentos do vindeiro ano, nos que, por certo, non se prevé ningún aumento das partidas destinadas a vixiar e a facer cumprir a normativa forestal nin a de prevención de incendios.
















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



