Ribadeo, 21 de outubro de 2026. A Gladiator Kids volve a Ribadeo con carácter solidario. A proba de obstáculos infantil terá lugar este domingo, 25 de outubro. O importe das inscricións, que seguen abertas ata mañá, será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.
A Gladiator Kids regresa a Ribadeo, unha proba de obstáculos para os máis pequenos da casa cun fin solidario. A carreira está dirixida a nenos e nenas entre 3 e 12 anos.
Dita xornada, patrocinada por Mediolanum Aproxima (o proxecto solidario de Banco Mediolanum), pola Fundación Mediolanum en España e polo Concello de Ribadeo, será na Praza de España a partir das 12:00 horas. O custo das inscricións é de 6,20 euros e pode abonarse a través da web oficial da carreira: www.gladiatorraceoficial.com
As nenas e nenos, sempre acompañados dun adulto, poderán gozar dun día en familia facendo deporte, no que se enfrontarán a distintos obstáculos. Ao finalizar a proba, todos os participantes recibirán unha medalla finisher.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a todas as nenas e nenos de 3 a 12 anos de Ribadeo e de toda a contorna a participar na Gladiator Kids este domingo, 25 de outubro. Será unha xornada diferente para compartir en familia e entre amigos e coa solidariedade como bandeira, xa que todo o recadado será para a Cruz Vermella de Ribadeo. Cantos máis sexamos participando máis fondos poderemos destinar para o importante traballo que realiza esta entidade”.
Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, Rubén Castro, que é supervisor en Banco Mediolanum, Óscar Espiñeira, xerente de Nokao, e Antía Fernández, responsable da Cruz Vermella en Ribadeo.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



