Antonio Ameijide: “A Deputación de Lugo debería ser un motor para que os concellos máis pequenos puidesen medrar, pero a realidade é que pola falta de traballo e de xestión de PSOE e BNG os concellos da provincia están a perder oportunidades”
Lugo, 21 de outubro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no pleno ordinario de outubro unha moción para instar ao goberno de PSOE e BNG a crear e poñer a disposición dos Concellos un departamento específico para o asesoramento aos mesmos na captación e xestión de fondos europeos.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destaca que “nas xuntanzas que mantivemos hai uns días en Bruxelas constatamos con hai unha cantidade importante de axudas europeas para que os concellos de menor tamaño e capacidade poidan contar con estes recursos de cara a gañar máis servizos e competitividade”.
Neste senso, Ameijide destacou que os fondos europeos constitúen un importante recurso a disposición de todas administracións públicas para desenvolver proxectos en diversos ámbitos coma o sector primario, as infraestruturas, a industria, turismo, mobilidade, emprendemento ou servizos comunitarios. “Trátase de aproveitar estes fondos para crear oportunidades e contribuír ao desenvolvemento dos territorios”, destacou.
Por este motivo e ante a dificultade de moitos concellos para acceder a estes fondos por falta de capacidade para tramitalos, “a Deputación debería de poñer a disposición dos mesmos un departamento para asesorar e tramitar estas axudas”.
A realidade é que a Deputación de Lugo non ofrece a día de hoxe un servizo real e específico de cooperación cos Concellos para o asesoramento na captación e xestión destes fondos toda vez que para os Concellos é case inviable a xestión destes fondos por tratarse de administracións con moitos menos medios e recursos tanto económicos como persoais.
En cambio, outras Deputacións, dentro das súas competencias -reguladas no artigo 36.1.b) da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local (LBRL)- de asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, si prestan un servizo específico aos Concellos neste ámbito, como pode ser o caso da Deputación de Pontevedra ou a Deputación de Ourense.
“A Deputación de Lugo debería ser un motor para que os concellos máis pequenos puidesen medrar, pero a realidade é que pola falta de traballo e de xestión de PSOE e BNG os concellos da provincia están a perder oportunidades”, lamentou.


















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



