O proceso porá ao día a representación democrática das 63 confrarías galegas e das súas federacións, entidades fundamentais no modelo de cogobernanza e xestión conxunta dos recursos que agrupan a máis de 13.000 profesionais do mar
Ames, 21 de outubro de 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, inaugurou hoxe na sede da Federación Galega de Confrarías de Pescadores de Galicia, en Ames, a xornada informativa centrada na vindeira convocatoria para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores e das súas federacións. O encontro técnico reuniu aos representantes do sector para abordar o procedemento, os requisitos xurídicos e as distintas fases administrativas que rexerán o proceso democrático ao abeiro da Lei 9/1993 e do Decreto 8/2014.
Durante a apertura, puxo en valor a transcendencia deste procedemento para a consolidación do modelo galego de xestión compartida e cogobernanza dos recursos mariños, no que as 63 confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións provinciais e autonómica combinan a xestión da actividade pesqueira, a colaboración coa Administración autonómica e a representación dos intereses do sector, formado por máis de 13.000 persoas traballadoras do mar e armadores.
Na sesión detallouse o cronograma electoral previsto, que fixa a constitución das comisións electorais locais a finais de novembro de 2026 e a xornada xeral de votacións nas confrarías para o sábado 23 de xaneiro de 2027. Nesa data elixiranse ás persoas vogais das xuntas xerais e dos cabidos —garantindo a paridade representativa entre os colectivos de traballadores e empresarios dos distintos sectores de produción—, así como os órganos directivos das agrupacións sectoriais.
Unha vez concluída a elección e toma de posesión dos patróns e vicepatróns maiores durante o mes de febreiro, o calendario continuará coa renovación dos comités executivos e presidencias das tres federacións provinciais a principios de marzo, completándose o proceso a comezos de abril de 2027 coa proclamación e toma de posesión dos órganos directivos da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.





















As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



