Nota de prensa
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (5 FEBREIRO 2011 )46 INSCRITOS: 28 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 171 | 12 |
| SEGUNDO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 168 | 10 |
| TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 159 | 8 |
| CUARTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 159 | 7 |
| QUINTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 158 | 6 |
| SEXTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 157 | 5 |
| SÉTIMO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 153 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 149 | 3 |
| NOVENO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 142 | 2 |
| DÉCIMO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 134 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 71 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | AITOR BOUSO GAVIN | 97 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 85 | 4 |
| TERCEIRO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 55 | 3 |
| CUARTO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 36 | 2 |
| QUINTO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 30 | 1 |
| MELLOR BOLADA | AITOR BOUSO GAVIN | 49 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 92 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 85 | 4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 83 | 3 |
| CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 80 | 2 |
| QUINTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 63 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 52 | 1 |
INCIDENCIAS DA 14ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE A VARA- Sábado, 5 FEBREIRO 2011)
-Tarde bastante agradable, iso sí, con ameazas constantes de choiva. Campo mollado, en regular estado.
-42 inscritos, 24 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Segunda victoria de Jose Vigo, o cal lle permite pasar á octava posición, pero moi lonxe dos postos de honra. A clasificación nos tres primeiros lugares non varía, pero a tenor do visto ata este intre na segunda volta deste ano, Arturo Vigo está moi sólido e regular, o que lle permite encabezar con 98 puntos e aumentar a súa vantaxe sobre José Rafael González, que é segundo con 90. En terceira posición vemos a Luis Rancaño con 83, xa un pouco alonxado da cabeza, pero que está nunha zona intermedia que inda lle permite aspirar a todo, e ao mesmo tempo vese ameazado polo cuarto clasificado, Ginés Rodríguez, vixente campión, quen lle podería quitar esa posición de privilexio. Polo tanto, a falla de 4 tiradas para rematar a temporada, campionato inda moi aberto, pero que xa vai definindo posicións. A partir de agora que ninguén se despiste, xa que tódolos puntos en xogo valen o seu peso en ouro.
| LIGA SENIOR – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| ARTURO VIGO CASABELLA | 98 | 1º – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 90 | 2º TROFEO AUTOESCUELA MUNDAIL |
| LUIS RANCAÑO BOUSO | 83 | 3º TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 78 | |
| MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 58 | |
| CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 55 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL – ARTURO VIGO (OBTIDA O 4 DE DECEMBRO DE 2011 NO C.S. DE SUMOAS) | 81 | TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
Liga Sub 18.- Segunda victorai consecutiva, con bolada, de Aitor Bouso, o cal lle permite acortar inda máis a diferencia coa líder. Salomé Cardoso encabeza con 53 puntos, e mantén o liderato gracias á segunda posición obtida este fin de semana na Boleira do Cruceiro. Aitor colócase a só dous puntos, e con 51 puntos pode aspirar a todo. Terceiro sigue Daniel López con 40 puntos e que leva duas semanas sen puntuar, dahí que perdera o tren de cabeza; inda que matematicamente pode coller aos dous primeiros, antóxasenos difícil que o poida facer nas catro probas que quedan, xa que está a amosar un xogo moi irregular. Estes tres xogadores vanse disputar, sen ningunha dúbida, as tres primeiras posicións que dan dereito aos caixóns de honra. Cuarto e quinto temos a Claudia Fernández e Samuel Rey con 22 e 19 puntos respectivamente, pero sinceiramente pensamos que xa non teñen tempo de recuperar o perdido e alcanzar aos de cabeza.
| LIGA SUB 18 – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 53 | 1º – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| AITOR BOUSO GAVIN | 51 | 2º TROFEO AUTOESCUELA MUNDAIL |
| DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 40 | 3º TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 22 | |
| SAMUEL REY ÁLVAREZ | 19 | |
| ISAIAS CARDOSO | 15 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL – SAMUEL REY (OBTIDA O 30 DE OUTUBRO DE 2010 NA BOLERA DO CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE) | 62 | TROFEO |
Liga Feminina.- Mal tirada das favoritas, xa que do trio de cabeza só Carmen Roca foi capaz de sacar dous puntos. Victoria de Salomé Bermúdez, seguida da Sub 18 Salomé Cardoso.Dolores Baño sigue instalada solidamente na cabeza con 50 puntos a pesares de non puntuar. Segunda é Belén Meitín con 45 e terceira a vixente campiona Carmen Rocal con 43, que lles acorta lixeiramente a distancia ás primeiras. Concepción piñeiro con 32 e Salomé Cardoso con 30 inda matematicamente poderían aspirar a un dos tres postos de cabeza, quizais ao terceiro, pero antóxasenos arto difícil que nas catro probas restantes poidan asaltar o primeiro ou segundo posto.
| LIGA FEMININA – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| DOLORES BAÑO FRAGA | 50 | 1º – TROFEO |
| BELÉN MEITÍN ROUCO | 45 | 2º TROFEO |
| CARMEN ROCA CORRAL | 43 | 3º TROFEO |
| CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 32 | |
| SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 30 | |
| SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 13 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL – BELÉN MEITÍN (OBTIDA O 17 DE XANEIRO DE 2011 NO CLUB SOCIAL DE PALMEIRO) | 68 | TROFEO |
A Vindeira tirada, e cuarta da Segunda Volta, vai ter lugar na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE A VARA, NA PARROQUIA DE XUANCES O VINDEIRO SÁBADO, 12 DE FEBREIRO DE 2011.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
