Nota de prensa
A Plataforma fai un chamamento para que os usuarios e usuarias da sanidade fagan públicos os retrasos na asistencia sanitaria
Non dan por boas as explicacións da dirección do Hospital da Costa sobre as listas de espera non estruturais que poden estar agochando milleiros de pacientes
A Mariña, 8 de xaneiro de 2010. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, integrada en SOS Sanidade Pública fixo un chamamento á cidadanía mariñá a que denuncie nas canles administrativas existentes, atención ao paciente, e publicamente os retrasos na asistencia sanitaria na Mariña. Dende a plataforma advertiron que non dan por boas as explicacións da dirección do Hospital da Costa en canto ás listas de espera non estruturais do hospital que poden agochar milleiros de pacientes e non centos como sosteñen os xestores sanitarios, sumándose así aos datos xa de por si manipulados das listas de espera estruturais que sitúan ao Hospital da Costa nos primeiros postos das listas de espera de todo o sistema sanitario público galego.
A plataforma ofrécese a ser altofalante das queixas dos que agardan meses para ser atendidos polo servizo sanitario público.
A plataforma, fixo un chamamento a denunciar polas vías administrativas existentes, atención ao paciente, ou de forma pública, os retrasos na asistencia sanitaria na Mariña. Para isto ofrécense como altofalante das queixas dos mariñaos e mariñás a quen se ofrecen para canalizar e difundir as eivas e retrasos que puideran existir. Dende a plataforma quixeron deixar claro que seguirán denunciando a incapacidade da actual dirección do SERGAS para mellorar o sistema sanitario público e advertiron que non rebaixamos as alertas sobre a aplicación do Decreto de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada en Lugo que a Xunta de Galiza “reserva posibelmente para despois das eleccións municipais, vai ser a guillotina do sistema público de saúde na comarca”.
A plataforma non se cre os datos das listas de espera non estruturada ofrecidos pola dirección do Hospital da Costa.
A plataforma puntualizou que non se cre os datos ofrecidos pola dirección do hospital sobre as listas de espera non estruturada, “se manipulan os datos das listas oficiais publicadas que farán coas outras” sinalaron dende a plataforma, e animaron a denunciar a aqueles que forman parte dos chamados “buzones” que denuncien os retrasos para intervención cirúrxica, consulta ou proba diagnóstica.
Con todo, o Hospital da Costa segue estando á cabeza nas listas de espera do sistema sanitario público galego nos datos oficiais publicados na pasado trimestre, “nin a manipulación, nin as peonadas, nin a enxeñería contábel son quen de evitar esta situación” so superada nas esperas para cirurxía polo POVISA de Vigo que non e un centro público e non pode derivar pacientes como fai o hospital da Costa para este caso e para determinadas probas diagnósticas. E alarmante que dende a dirección se feliciten polos datos do último trimestre, “cando son moito peores que os de 2008”




















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



