Nota de prensa
Os deputados popualres alertan ante a perigosidade do enlace deseñado polo Ministerio, cuestiona os rodeos absurdos que obriga a efectuar aos usuarios da vía para acceder aos concellos limítrofes e sinalan as crecentes queixas dos veciños da comarca
O GRUPO POPULAR LEVA AO PARLAMENTO O POLÉMICO ENLACE DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO EN LOURENZÁ
* As presas de Fomento por inaugurar os treitos incompretos da A-8 implican o corte non autorizado dunha estrada autonómica LU-153.
* Jose Blanco buscaba disimular “a topa presa” a parálise na que mantén esta autovía, que acumula atrasos importantes na súa posta en servizo total, e intentaba tamén evitar a prohibición electoral de facer inauguracións nos meses previos ás eleccións municipais.
Santaigo, 9 de febreiro de 2011.- O Grupo Parlamentario Popular, a través dos seus deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao levaron ao Parlamento autonómico a polémica saída da autovía do Cantábrico en Lourenzá. Os populares a través dunha pregunta parlamentaria queren coñecer a posición e as xestións que ten previsto desenvolver a Xunta despois de saberse que Fomento decidiu unilateralmente executar este enlace vial mediatne o corte non autorizado e non consensuado dunha estrada autonómica, a Lu-153, que une Lourenzá e Masma (Mondoñedo).
Balseiro Orol e Álvarez Chao alertan ademais da perigosidade do enlace deseñado polo Ministerio –que incluso incorpora sinais de stop en medio dun carril de circulación dunha estrada en pleno cambio de resante-, cuestionan por inxustificados os rodeos absurdos –de ata 5 quilómetros en círculo- que se vén obrigados a efectuar aqueles que abandonan a autovía para acceder aos concellos limítrofes de Lorenzá, Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro e sinalan as múltiples queixas que esta deficiente saída está a provocar entre veciños e respresentantes públicos da comarca.
Con todo os deputados populares salientan que os máis prexudicados son os veciños dos concellos de Alfoz e O Valadouro e os da parroquia de Masma en Mondoñedo para os que Fomento en vez de habilitar un enlace directo desde a autovía obrígaselles a empregar tanto para saír como para entrar á Transcantábrica o enlace vía Lonrenzá, efectuando por elo un rodeo significativo e innecesario de varios quilómetros.
AS PRESAS DE FOMENTO
Na procura dunha explicación que xustifique a decisión de Fomento de habilitar esta saída defectuosa, os populares apuntan a dúas posibles causas, que en todo caso teñen un obxectivo común: O departamento ministerial que dirixe Jose Blanco tiña presa por inaugurar novos tramos e estaba disposto a facer calquera cousa para logralo, incluso habilitar este custosísimo enlace defectuoso.
DISIMULAR A PARÁLISE E ATRASOS QUE ACUMULA A A-8
Balseiro Orol e Álvarez Chao cren que Fomento pretendía disimular a parálise e os continuos incumprimentos nos que vén incorrindo en relación coa execución da autovía. De feito sete anos despois de iniciadas as obras preto do 40% desta vía aínda está pendente de executar, entre eles, os treitos de maior complexidade técnica que se atopan na parálise absoluta e nos que durante meses nin tan sequera se efectuaron obras –salvo as obrigadas de mantemento-, nin había maquinaria por falta de recursos económicos. De feito os recortes de Fomento foron especialmente lesivos para a autovía do Cantábrico.
EVADIR A PROHIBICIÓN ELECTORAL
Os populares tamén consideran que a anticipación na celebración da inauguración deses dous novos tramos agocha unha manobra de Fomento para evadir a prohibición electoral de desenvolver este tipo de actos nos meses previos ás eleccións municipais. De ter esperado máis tempo Fomento non podería desenvolver toda a custosísima parafernalia mobilizada para a inauguración, un gasto excesivo e absolutamente precindible, para mellorar a imaxe do Ministro.
UN ENLACE PROVISIONAL QUE PODE ETERNIZARSE
Balseiro Orol e Álvarez Chao sinalan finalmente que o O gran problema é que estes enlaces acumulan múltiples deficiencias, e aínda que non son os definitivos probablemente serán empregados durante meses ou incluso anos tendo en conta o baixo ritmo de execución da obra e as restriccións orzamentarias de Fomento que para nada priorizan as obras en execución na Mariña lucense.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



