Nota de prensa
A Deputación elaborará en 2011 unha guía das experiencias turísticas da provincia
-Trátase da primeira iniciativa que se realiza en Lugo destas características e inclúese dentro do Plan Director de Turismo 2008-2011 creado polo organismo provincial
– A publicación ofrecerá unha visión da provincia no seu conxunto, xa que incluirá os principais recursos patrimoniais, arquitectónicos, naturais e culturais de todos os Concellos
– A guía engádese a outras inciativas desenvolvidas pola Deputación para impulsar o ecoturismo como o Galaico Expreso, o Barco Muralla de Lugo ou o autobús Lugo Terra
– A Vicepresidenta Terceira e o Alcalde de Lugo inauguraron o congreso de turismo “Destino Lugo”, no que expertos na materia de Europa e de España expoñen as alternativas de coordinación para unha maior promoción da provincia
A Deputación elaborará este ano unha guía que aglutinará as experiencias turísticas da provincia. Trátase da primeira iniciativa que se realiza en Lugo destas características e inclúese dentro do Plan Director de Turismo 2008-2011impulsado pola Deputaciónpara crear un sector coordinado e profesional, partindo da formación, sensibilización e unidade da sociedade, ó tempo que se lles ofrece servizos de calidade ós Concellos que lles permitan mellorar a súa oferta turística, tanto na concepción estratéxica do mesmo como no deseño de políticas de promoción e comercialización.
Este foi un dos anuncios realizados pola Vicepresidenta Terceira da Deputación, María Xosé Vega Buján, durante a inauguración do 1º Congreso de Turismo “Destino Lugo”, que se celebra dende hoxe no Salón de Actos da Deputación e no que prestixiosos representantes deste sector a nivel europeo están a analizar a situación pola que atravesa o turismo lugués. O aforo do Salón de Actos quedouse pequeno para acoller ás máis de 150 persoas que participaron no encontro, entre as que atoparon representantes do sector turístico público e privado de Lugo, ademais de Alcaldes e Concelleiros, representantes do sector da hostalería, casas de turismo rural, oficinas de turismo, restauración, fundacións comarcais ou empresas especializadas nesta materia.
O guía ofrecerá unha visión da provincia no seu conxunto, xa que incluirá os recursos patrimoniais, arquitectónicos, naturais e culturais de Lugo, ademais doutros puntos de interese como os clubes náuticos, centros de hostalería e casas de turismo rural.
Esta iniciativa engádese a outras desenvolvidas pola Deputación ó longo do ano, e que se enmarcan no ecoturismo. É o caso do Galaico Expreso, o tren que o organismo provincial ofreceu como alternativa ós catamaráns ante o baleiro do Sil que levou a cabo Iberdrola, e co que logrou pasar dos 1.500 visitantes á Ribeira Sacra durante 2009, ós 20.000 deste ano; o Barco Muralla de Lugo, a aula turístico medioambiental que está a percorrer o país e coa que, só durante a súa estancia durante o San Froilán de Barcelona, 50.000 persoas coñeceron a riqueza de Lugo; o Lugo Terra, o bus que promocionou a provincia por toda a península; ou a certificación medioambiental de 21 areais lucenses que converteu á Mariña na 3º costa de España co maior número de praias de auténtica calidade, avaladas pola Unión Europea.
Colaboración da iniciativa público-privada
Lugo é a provincia galega que experimentou o maior incremento do número de viaxeiros durante 2010 cun 16,19% fronte ó 14,45% da Coruña, o 9,8% de Pontevedra e o 3,6% de Ourense. Ademais, a maior parte dos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe están en Lugo. Tendo en conta estas cifras, no encontro púxose de relevo a necesidade de elaborar un mecanismo composto pola iniciativa público e privada para impulsar o turismo na provincia e incrementar o número de visitantes. A este respecto, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, subliñou que “Lugo é un proxecto de destino turístico, polo que é preciso un traballo común para ofrecer unha visión de provincia global na que apareza mar, montaña, a natureza pródiga do sur e a Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Estamos no bo camiño. Hoxe é un día grande para Lugo e a provincia. Todos temos que empuxar o barco na mesma dirección”.
Desenvolvemento do encontro
Na sesión de hoxe expuxéronse as distintas experiencias de países tan punteiros en promoción turística como Inglaterra ou Finlandia, a través das ponencias dos directores de Desenvolvemento Turístico de Gran Bretaña, James Turner, e do Director da empresa encargada da organización de vendas do suroeste de Finlandia, Anne Marget Niemi de Turku. A segunda parte, consistiu nun debate no que profesionais e administracións implicadas no sector analizaron as distintas alternativas de coordinación para a promoción da provincia como destino turístico. No foro participaron a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján; os Presidentes do Padroado Provincial de Turismo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Julio Álvarez e José María Real, respectivamente; a Presidenta da Asociación de Turismo Rural de Lugo Sur, Carmen Martínez; e o seu homólogo na Mariña, Manuel Vicente. O debate retransmitiuse en directo a través da páxina web de turismo da Deputación: www.lugoterra.com.
O encontro rematará o día 10 coa participación dos representantes deste sector de varias cidades españolas con ampla experiencia no tema como: Valladolid, Segovia, Palma de Mallorca e Barcelona.


























Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
A súa busca iniciárase ás 18:30 horas de onte e, despois de horas sen noticias, os familiares contactaron co 112 pasada a unha da madrugada. Finalmente, contra as seis da mañá avisaron de que a muller fora localizada nunha finca no lugar de Mos, sen capacidade para erguerse polos seus propios medios, aínda que rexeitou asistencia médica ao atoparse ben. O 112 mantivo informada en todo momento á Garda Civil durante o operativo.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincan as Noites de Futbol na Praia do Torno.
Precísase unha reparación maior e un suplemento de crédito de 350.000 euros, que o Consello de Ministros aprobará a próxima semana. Coa partida concedida, a maquinaria volverá ao paseo en dúas ou tres semanas. O Concello garante que seguirá vixiando os prazos para asegurar a obra con total seguridade.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



