Nota de prensa
Tripla cita festiva neste municipio para gozar destas datas e ter a oportunidade de premiar aos mellores disfraces
O CONCELLO REPARTIRÁ PRETO DE 6.000 EUROS EN PREMIOS E AGASALLOS NOS ENTROIDOS DE CERVO,SAN CIPRIÁN E SAN ROMAN
* O domingo 6 de marzo en Cervo, o martes 8 de marzo en San Ciprián e o sábado 12 de marzo en San Román terán lugar os desfiles de Entroido.
* O Concello anuncia a apertura do prazo de inscrición tamén para o Entroido de San Ciprián.
Cervo, 18 de febreiro de 2011.- O Concello repartirá preto de 6.000 euros en premios e agasallos entre os participantes nalgunha das tres citas festivas de Entroido que terán lugar proximamente neste municipio. Así o explicou a concelleira de Cultura e Xuventude, Chelo Gallego, quen tamén animou a todos os veciños da comarca a participar nelas e ter así a oportunidade de obter un premio para os mellores disfraces.
O Concello de Cervo colaborou coas principais asociacións para a elaboración dun amplo programa de actividades no que as tres principais citas son os desfiles de Entroido que terán lugar o domingo 6 de marzo en Cervo, na capital municipal, a partir das 18.00 horas, con saída desde o colexio; o martes 8 de marzo, será a quenda do desfile de San Ciprián, con saída do pavillón da Veiga; e finalmente o sábado 12 de marzo, se celebrará a festa de Entroido no pavillón da comunidades de montes de San Román, con baile a partir das 22 horas e desfile a partir das doce da noite. No caso de Cervo a organización correrá a cargo da asociación Airiños e en San Román a cita está organizada polas Mulleres Rurais As Espalladoras, contan ambas co apoio e colaboración do Concello.
Con todo, este ano tamén haberá outras citas de relevancia, como son as tradicionais cenas organizadas polas asociacións Alborada -o sábado 5 de marzo “cea de comadres” no restaurante Buena Vista de San Ciprián- e a cena que o propio martes 8, día do desfile, organiza o Centro de Iniciativas Turísticas. Para participar en ambas cómpre poñerse en contacto coas devanditas entidades.
DESFILES INFANTÍS EN CERVO E SAN CIPRIÁN
No caso de Cervo, ademáis, Airiños do Xuco organizou un día antes de desfile, o sábado 5 de marzo unha festa de play-backs e desfile de Entroido infantil, será ás 16.30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. E o luns 7 de marzo, no pavillón da Veiga, será a quenda do desfile infantil en San Ciprián, tamén con música e xogos varios.
ABERTA A INSCRICIÓN TAMÉN NO ENTROIDO EN SAN CIPRIÁN
O Concello de Cervo fixo pública a apertura do prazo de inscrición tamén (aínda non se iniciara) para o desfile de San Ciprián. Aquelas persoas ou grupos interesados en concursar poderán inscribirse e optar ao premio da súa categoría ata o mesmo martes día 8. Iso si, aqueles que opten por inscribirse o luns 7 de marzo e o propio martes 8 de 16.00 a 17.30 horas na oficina habilitada ao efecto no Pavillón Polideportivo Municipal non terán dereito a recibir os vales para consumición nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido 2011, que si recibirán aqueles que faganefectiva a súa inscrición antes do venres, 4 de marzo (inclusive) na Casa da Cultura.
VALES POR CONSUMICIÓNS NA HOSTALERÍA
O Concello de Cervo fará entrega de preto de 6.000 euros en premios a repartir entre aqueles que desexen participar no desfile de Entroido de San Ciprián, que terá lugar o martes 8 de marzo. Poderase optar por participar a título individual, por parellas, como grupo ou comparsa. Os premios inclúen desde diñeiro en metálico para os gañadores ata vales para consumicións nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido, para todos os que se inscriban na Casa da Cultura ata o venres 4 de marzo.
Estes vales para consumicións serán por valor de 5€, para a categoría individual, 10€ para as parellas, 25 € para os grupos, e 50€ para as comparsas.
XOGOS INCHABLES AO REMATAR O DESFILE
O punto de partida do desfile será, unha vez máis, o Pavillón Polideportivo Municipal da Veiga. Alí dará inicio un percorrido polas principais rúas de San Ciprián que rematará na Casa da Cultura. Neste momento está previsto a entrega dos premios para os menores de 18 anos,así como a dos vales de consumicións, previa deliberación do xurado. Os máis novos ademais están convidados a participar nunha actividade con xogos inchables organizada pola asociación A Sombriza no pavillón da Veiga, xusto ao rematar o desfile.
Non será ata a noite, no baile de disfraces que comezará as 22.00 horas na Discoteca Pasos, cando teña lugar a entrega dos premios en metálico das categorías de adultos.
PREMIOS EN METÁLICO
Segundo explicou concelleira de Cultura do Concello de Cervo, a popular Chelo Gallego, o reparto dos premios en metálico se efectuará do seguinte xeito:
Individual:
1º premio: 50 €
2º premio: 30 €
3º premio: 20 €
Parellas:
1º premio: 100 €
2º premio: 70 €
3º premio: 50 €
Grupos:
1º premio: 150 €
2º premio: 100 €
3º premio: 70 €
Comparsa Xuvenil-Infantil
1º premio: 250 €
2º premio: 150 €
3º premio: 100 €
Comparsa Adultos
1º premio: 400 €
2º premio: 250 €
3º premio: 150 €

























No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.



