Nota de prensa
COMPLEXO CULTURAL
REGALXUNQUEIRA
Curva de Xunqueira-Viveiro. Camiño Real, 127 – Xunqueira 27850 Viveiro (Lugo)
Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06 ceramica@oteroregal.com www.oteroregal.com
Iinauguración da exposición OS NOSOS ESCRITORES (PEDRAS E CERÁMICA)
De XOSÉ MANUEL RIBEIRA GARCIA
Acto que terá lugar o vindeiro xoves, 3 de Marzo ás 20 horas no auditorio e Sala de Exposicións de REGALXUNQUEIRA – Viveiro
Proxectarase o documental LINGUAS CRUZADAS de MARÍA YÁÑEZ e MÓNICA ARES (Documentario Galiza-Lingua e Xuventude)
sirvirase un viño e algo de comer
DO 3 DE MARZO AO 30 DE XUÑO –2011.
Tódolos días de 10 a 2 e de 4 a 8.
“Eu son RIBEIRA, de Covas , vivo nas Pontes, son amigo dun ceramista que me dixo que para facer unhas cousas que teño en mente en cerámica fai falta un barro refractario e veño por si ti tes deso.” Esa foi a entrada de Riveira no meu obradoiro, pois a pesares de que levo vivindo en Viveiro dende o 78 no coñecía. Faciliteille o barro e ofrecinme para cocerllo e se quería, utlizara o obradoiro de convidados para traballar, logo de conversas e maís conversas encontreime cunha persoa ben interesante, cun curriculum sorprendente, onde se mezcla o futbol, co gran amor á sua terra e ao seu idioma, e quizabes a persoa que eu coñezo que mais quere a Galicia. De cando en cando cae polo obradoiro e vai facendo unha obra ben curiosa, eu axudolle no aspecto técnico e o demaís é del e das suas consecuencias. Xurdeu a idea de facer esta exposición, el xa desenrrolara un tema parecido en xogaras e ahí teñen caricaturas en pedra e cerámica de 30 escritores galegos ós que sumou a Lorca, Saramago, por que si, porque son tamén nosos polo idioma e por querer a Galiza.
Otero Regal.
Xose Manuel Ribeira García (Covas Viveiro, 1949) é o menor de dous irmáns de familia mariñeira.
Persoa comprometida co uso da lingua galega a nivel oral e escrito, participa en diversos colectivos sociais que promoven estes mesmos obxectivos. Pouco antes de chegar á prexubilación estivo traballando na montaxe dunha central de ciclo combinado en Buenos Aires. Na capital da Argentina estableceu contacto directo coa xente do mundo da cultura galega. Asistiu ós cursos impartidos por Higinio Mantíns na Federación de Sociedades Galegas, estivo cos amigos do Idioma Galego (editores da revista ADIGAL), e frecuentou a casa particular do comediógrafo Ricardo Flores, “home bon e xeneroso”, que foi o patriarca dos escritores galegos.
Se hai un signo que nos define, identifica, que nos fai como somos, ese é o idioma. O noso idioma, normal e único durante setecentos anos da súa historia e que ven sendo reprimido dende hai outros cincocentos. Cincocentos anos de desprezo, de espilo por parte de quen lle veu roubar a maioria dos espazos que lle pertencen, que o veu botar da propia casa. Moitos homes e mulleres, galegos tamén decidiron mudarse para unha casa alugada tendo vivenda propia. Mais otros moitos seguiron fieis á lingua, ainda que lles fixesen sentir que era casoupa ou pardiñeiro, edificio en ruinas, casa de pobres.
Eses, labregos, mariñeiros, xente sinxela, foron os que nola pasaron a nós e a eles lles debemos a herdanza de dignidade que ainda nos queda. As suas voces anónimas foron os elos dunha cadea que resistiu sen quebrar, que chegou a nos todo o enferruxada que se queira, ben machacada polo martelo do desprezo dos poderosos, pero enteira á fin, cargada de historia e mais de futuro.
Mais agora dase o paradoxo, a contradicción, de que levandomos case vinte anos de protección legal e outros tantos de ensino nas escolas a lei de Normalización Lingüística é de 1983 o galego vai perdendo falantes. A que antes fora lingoa coloquial, é agora reservada para certos ámbitos cultos e deixa de estar presente no día a día, nas conversas familiares, nas leiras da xente nova.
Que se escriba, como se está escribindo, a mellor poesia do Estado na nosa lingua. Que os nosos narradores alcancen, cando son coñecidos, sona mesmo internacional pola sua obra feita inicialmente en galego, non garante o futuro da lingua, se esta non ten falantes. A responsabilidade da súa supervivencia non está, daquela, en exclusiva nin na man dos políticos nin na dos escritores e escritoras: a súa supervivencia é cousa de todas e todos nós.
Quizais conveña lembrar as palabras de Castelao, cando pregunta cómo chamariamos a quen deisaxe destruir o Pórtico da Gloria, e advirte que é certamente máis bárbaro quen consinta a desaparición dunha lingua. O Pórtico da Gloria é obra dun artista, a lingua é unha creación colectiva, unha obra feita cos sufrimentos e as alegrias, os traballos e os soños de cantos nos precederon. Cando estamos instalados no castelán, amigos e amigas, vivimos en casa alugada, tendo nos como temos, casa propia. As mudanzas, xa se sabe, causan moitas molestias, dan moito traballo. Compre sentir amor pola herdanza. Compre saber que as casas deshabitadas acaban caendo. Compre ese orgullo de caste as veces tan escaso. Compre que nos autoestimemos porque a miudo, semellamos ser o pobo do mundo que menos se quere a si mesmo.
Reclamemos e esixamos o uso oficial, público, do galego en todos os lugares e ocasións en que a legalidade o autoriza. Pero non esquezamos que a quen lle importa o futuro do galego é a nos galegas e galegos. Daquela non o deixemos en mans alleas, entreguemonos á loita para que á fin venza a vida, a vida de palabra que é a vida de Galiza, a vida de Galiza que é a nosa propia vida, porque, como persoas, precisamos saber quen somos verdadeiramente para recuperar a dignidade. Non se trata de pecharnos ao coñecemento doutras linguas de fora, nomeadamente do español ou castelán, esa grande ventá que se nos abre a un mundo de falantes e a unha literatura chea de fitos gloriosos. Trátase de que un pobo non pode ter duas linguas como propias porque ningun grupo humano as crea para un mesmo espazo. A presenza simultánea somente se pode explicar pola invasión dunha delas.
Con esta exposición pretendese recoller a historia do Día das Letras Galegas, unha efeméride que se celebra continuadamente cada 17 de Maio dende 1963.
Até ese momento son 42 as personalidades homenaxeadas. A silueta de todas elas está plasmada en rocha viva pola mao creativa do operario industrial Xosé Manuel Rivera García.
A historia do idioma galego está moi directamente relacionada coa das pedras. Expostas ás inclemencias do tempo, resisten as maís extremas temperaturas durante anos e anos. Con elas os canteiros do país levantaron modestas casiñas e nobres pazos no corazón de cidades e vilas e nos millares de aldeas e lugares sementados por toda a xeografía galega.
Mais chegou unha especie de andazo colectivo e ese material que resiste con fortaleza o transcorrer do tempo foi tapado con capas de cal e cemento. A cara de moitas casas ficou asi cuberta cunha careta cun mantemento moi custoso.
Hoxe, cada día son maís as vellas construccións que recuperan funcionalidade. Actualizanse por dentro e fanse habitabeis para o presente; lávanse por fora e de novo aparece a súa presenza esplendorosa.
O noso idioma, con maís de doce séculos de existencia, tamén foi materia prima para a comunicación espontánea e para a maís requintada expresión literaria. Con ela conseguimos verdadeiros monumentos artísticos. Mais chegou un momento en que se fixo necesario acudir á mascara.
Felizmente, a sociedade galega é consciente do valor do seu patrimonio. A súa divulgación quere contribuir nesta mostra.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



