NOTA DE PRENSA
MAÑÁ COMEZA O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO ANTROIDO 2011 EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e da Concellería de Servizos Sociais, presenta un amplo Programa de Actividades para este ANTROIDO 2011.
Mañá VENRES 4 DE MARZO, pola mañá, teremos o primeiro acto do Antroido en Xove coa celebración da Festa do Antroido na Escola Infantil de Xove, na que van participar tódolos nenos/as da gardería municipal, e se o tempo o permite, que esperemos que sí, van realizar tamén un Pasarrúas por Xove. Organiza a Concellería de Servizos Sociais.
Xa o SÁBADO, 5 DE MARZO imos ter o día central do Antroido 2011 no noso Concello. O Programa para este día é o seguinte:
-16:00 horas.- Pasarrúas a cargo da Charanga “A Pataqueirada de Burela”, quens percorrerán e animarán as principais rúas de Xoe.
-17:00 horas.- Desfile Antroido 2011. Sairá da Nave-Almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, continuará por diante do IES Illa de Sarón e do Pedro Caselles ata sair á Avenida Deputación, continuando pola Avenida Deputación, desviámonos á dereita por Doutor Baamonde Illade, cortamos polo Camiño Real e chegamos ao Centro Cívico.
-18:30 horas.- Rematado o Desfile, no Pavillón imos ter unha festa especial para os máis pequenos cun Baile Infantil de Disfraces, animado pola Discoteca Móvil Supernova. No intermedio deste Baile, a organización do Antroido fará entrega dos premios do Desfile en categoría Infantil Individual, e tamén do Concurso de Caretas de Antroido organizado pola Biblioteca Municipal de Xove.
-22:30 horas.- Rematado o baile infantil, a partir da citada hora teremos no Pavillón Municipal un Baile de Disfraces para tódolos públicos animado pola Orquesta Panamá. Nun intermedio deste Baile a Organización entregará tódolos premios do Desfile de Antroido, menos lóxicamente o individual infantil, entregado no baile infantil.
A organización das actividades deste 5 de marzo corre a cargo da Concellería de Cultura.
Para o DOMINGO, 6 DE MARZO a ACD Xove organiza a exhibición da súa primeira obra de teatro. Concretamente o Grupo de Teatro Amateur da ACD Xove vai por en escena a obra “Descubrindo a Chaplin” a partir das 18:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Por último, o LUNS, 7 DE MARZO pecharemos as actividades do Antroido 2011 coa celebración dun Torneo de Futbolín na OMIX, organizado pola Concellería de Servizos Sociais.
Tódalas actividades incluidas dentro deste Programa Antroido 2011 son de carácter totalmente gratuito. Por último, dende o Concello aproveitamos para invitar a tódolos xovenses e visitantes foráneos nestas datas, a participar nas múltiples actividades programadas





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



