Nota de prensa:
NAS VINDEIRAS HORAS QUEDARÁ RESTABLECIDA A CIRCULACIÓN PEATONAL NA PONTE DE ARANTE. FERNANDO SUÁREZ PÍDELLE Á DEPUTACIÓN QUE REMATE O ANTES POSIBLE AS OBRAS, DEBIDO Á SITUACIÓN EXTREMA QUE ESTÁN A SOFRIR MOITOS VECIÑOS DE RIBADEO E DE TRABADA.
Ribadeo, 3 de marzo de 2011. Nas próximas horas quedará restablecida a circulación peatonal na ponte de Arante. Será a través dunha ponte peatonal, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor pídelle á Deputación que remate o antes posible as obras, debido á situación extrema que están a sofrir moitos veciños de Ribadeo e de Trabada.
Suárez Barcia dixo que “no día de hoxe, entre esta tarde e mañá, quedará restablecida a circulación peatonal a través dunha pasarela en precario, que se está a poñer alí no lugar da ponte. Trátase dunha pasarela, ao meu modo de ver, un pouquiño escasa de máis. En todo caso si é unha cuestión transitoria e lles serve aos veciños da Ponte de Arante para evitar dar un rodeo enorme á hora de que poidan deixar o coche aparcado nunha banda, cruzar andando e ir ás súas vivendas, benvido sexa si se van arreglando así nas vindeiras semanas”.
O alcalde apelou á Deputación “para que canto antes non esgote os seis meses que ten de prazo a empresa adxudicataria desta obra para realizala, xa sei que milagros non se poden pedir, pero que fagan o posible para que estea lista antes dese período, dado que é unha situación extrema a que están a sofrir non só eses veciños senón tamén xentes doutras parroquias de Ribadeo e de Trabada”. Fernando Suárez lembrou que “teñen problemas para circular con maquinaria pesada e preocúpame moitísimo o transporte escolar polo rodeo que ten que dar indo por sitios perigosos. Confío en que as obras avancen, porque xa se desmontou toda a ponte estropeada e agora estánse a facer as zapatas e os estribos que darán lugar a contar cunha nova infraestructura en Arante”.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



