RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro asistiron nas últimas horas ao I Encontro de Núcleos Piloto de Sostibilidade de Galicia que se celebrou en Santiago. O rexedor lembrou que o acordo adoptado en pleno por unanimidade hai uns meses permitiu que “Ribadeo fose escollida coma un dos cinco concellos galegos que entraron nesta nova remesa de núcleos sostibles. Trátase dunha iniciativa que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente na que vai seleccionando a unha serie de concellos e nós agora estamos entre eles xunto con Oza dos Ríos, Curtis, Carballiño e Lalín, sendo Ribadeo o único concello da provincia de Lugo que entrou neste programa piloto de cara a facer actividades de sustentabilidade e que poñan en valor o noso medio ambiente”.
Máis de 200.000 euros
Ribadeo recibirá coma núcleo sostible de Galicia importantes partidas económicas ao longo dos vindeiros anos. Neste 2008 a cifra que percibirá será de 28.000 euros, 85.000 serán os que reciba o Concello no ano 2009 e 90.000 no 2010. Con cargo a estes orzamentos o Concello “instalará paneis solares na piscina municipal, o que suporá un aforro enerxético importante e ao mesmo tempo daremos exemplo do que as enerxías renovables poden ter de positivo”, explica Fernando Suárez. O rexedor engade que “se van facer actividades de reciclaxe a través de compostoiros que instalaremos en varios puntos da vila para que os veciños participen desta experiencia sobre a compostaxe. Tamén levaremos adiante campañas de aforro no consumo de auga e de enerxía… de feito xa imos adoptar medidas no ámbito do alumeado público tal e como anunciábamos hai uns días”.
Suárez Barcia anuncia “a creación dunha axencia local de sustentabilidade e imos avanzar na execución das Axendas 21 tanto local coma escolar”. O alcalde felicita “a todos grupos políticos do Concello que co seu apoio unánime fixeron posible que participásemos nesta iniciativa e que fose seleccionado Ribadeo coma concello piloto deste tipo de desenvolvemento sostible e agora ao goberno tócanos a responsabilidade de desenvolver estas iniciativas para que o noso concello sexa un espello no que outros poidan mirarse. Este programa lonxe de ser traba é unha oportunidade de traballo e unha fonte de riqueza.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



