NOTA DE PRENSA
CORRELINGUA 2011
1200 RAPACES PARTICIPARÁN NA EDICIÓN 2011 DO CORRELINGUA NA MARIÑA
As carreira pola lingua terá lugar o día 6 de maio na Mariña baixo o lema “En galego sempre somos”.
O venres, día 6 de maio terá lugar en Burela a edición 2011 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País. Na Mariña participarán 1200, de todos os centros de secundaria ( os IES Porta da Auga e Gamallo Fierros de Ribade; O Pilar, Martínez Otero e o IES de Foz;os IES Monte Castelo e Perdouro, de Burela; o IES de Alfoz-Valadouro; o IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao; os IES María Sarmiento e Vilar Ponte de Viveiro; e o IES San Rosendo, de Mondoñedo). Tamén participan varios centros de infantil e primaria (os dous de Cervo, o CEIP de Galdo de Viveiro, o CEIP Cantel de Foz).
O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade, neste caso o de Burela. As entidades organizadoras veñen realizando esta actividade escolar como proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Trátase de darlle protagonismo social e voz ao sector fundamental no proceso de normalización da lingua galega e que debe ter un papel activo no mesmo.
Para este ano elixiuse como lema da actividade “En galego sempre somos”, sinalando a importancia da lingua como mellor vehículo de expresión da nosa identidade colectiva e xa que logo, como medio de unión entre as galegas e galegos.
Ao longo do curso o alumnado participou nos concursos de Manifesto do Correlingua 2011, de Banda deseñada e de Vídeo, que recaeron no IES Agra e Leborís da Laracha o CPI San Martiño de Pontevedra, e os IES Fontem Albei da Fonsagrada respectivamente, resultando finalista do manifesto o CPI de Pontecesures. A xuízo dos xurados, expresan perfectamente e cunha linguaxe axeitada á mocidade e á infancia en cada un dos soportes os motivos polos que queren vivir en galego, animandoa utilizar a nosa lingua e rompendo con todo tipo de preconceitos e prexuízos.
Tamén nesta edición contamos coa colaboración do colectivo Komunicando co que se puxo en marcha o Cantalingua, un concurso musical no que participan máis de 30 grupos, entre eles grupos xa coñecidos no panorama musical galego. O concurso consiste en que o alumnado pode votar directamente ao grupo que lle gustaría que actuase nas festas finais do Correlingua. E ese será precisamente o premio, actuar nas festas finais. Nesta edición resultaron gañadores os grupos ZENZAR, SOM DO GALPOM e SACHA NA HORTA.
O Correlingua da nosa comarca partirá ás 11 da mañá do Parque do Campón para rematar nun festival na praza do Concello, coa actuación do mago Martín Camiña, do grupo Som do Galpóm e de alumnos e alumnas dos centros que competirán no Galeoke. O manifesto será lido por alumnado do IES Gamallo Fierros.
Texto do manifesto gañador
MANIFESTO CORRELINGUA 2011
Grupo gañador:
“PALABRA DE LEBRE”
Alumnado de 2º ESO do IES Agra de Leborís (A Laracha)
En galego sempre somos!
SOMOS o que falamos
somos o que sentimos
o galego o noso idioma
xa sabes que vimos de Roma
NÓS SOMOS GALEGO
non estamos de broma,
anda!, non sexas sumiso
e pon un sorriso.
pois iso, fálao comigo, digo!
O galego é o idioma
da nosa xente, témolo
que ter en mente- PRESENTE!
estamos PERFECTAMENTE, digo,
coa nosa xente, coa xente nova.
AGORA!
Eu roubo, estas palabras,
do meu querido idioma
REPÍTOCHO?
é unha lingua que vale, DÁLLE!
Non o puidemos falar
na nosa terra
sempre en guerra,
daquela, así era,
se non me cres, BERRA!
Axiña!,falade galego,
non só do grelo
e do labrego, SEMPRE!
veña colega, EMPEZA!
ou se prefires, BERRA!
Unha situación así
é un sen vivir
sempre houbo que sufrir
para SOBREVIVIR
SOMOS GALEGO
de arriba abaixo
algúns dende Rianxo
por que non me fas caso?
Fálao, non digas: PASO…
Eih, neno, creste mellor ca min?
Lembra, tamén vimos do latín!!
Por que non o falas en feisbuk?
Querémolo ler no TUENTI!
é porque tes vergoña?
veña , REACCIONA!
Fálao nena,
que non estamos de coña
botámoste de menos, moza!
é boa para todo, MOLA!
Non sintas preguiza ,
veña ,TI PODES
AGORA!
Por que non o lemos na prensa?, PENSA!
se quero dicir algo
que me deixen facelo,
que se escriba nos xornais
sen medo, QUERO LELO!
AGORA!
Non estás farto, Hei MAN,
de escoitar só castelán?
Non sexas paspán , irmán!
Que non te leven ao rego.
Meu, ho!, hai que saber romper,
Nós temos o poder, A POR EL!
Quero usalo na escola , DÁLLE BÓLA!
Para falar de lingua
e para falar de historia,
dos nomes das plantas,
da nosa memoria,
de fórmulas físicas ,
dos dereitos das persoas,
de cifras e trebellos,
comezamos a entendernos?
Que fas do outro lado? Faime caso!
Ti ben sabes
de que che falo, QUE DIAÑO!
Nós somos GALEGO,
non estamos xogando
APÚNTATE AO NOSO BANDO!
SON, ES,É, SOMOS, SODES, SON, GALEGO!




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



