A exposición da Certame de Arte Galería Burela permanecerá aberta ata o día 20
Nota de prensa
XVI Certame de Arte “ Galería Burela “
PREMIOS
O Certame de Arte “ Galería Burela “ cumpre dezaseis anos. Un ano máis o Concello de Burela, a través da Delegación Municipal de Cultura, ven de organizar unha nova edición deste Certame. Os premios están dotados de 1800 € para os primeiros clasificados, en cada modalidade, de pintura e de escultura; os segundos clasificados acadarán 1200€ ; os terceiros recibirán un diploma e unha figura representativa do Certame.
Logo da selección previa, o xurado nomeou aos seguintes gañadores:
PINTURA:
1º Premio: Alejandro Cano Bolado ( Valladolid ).
Obra: “ Posidonia . Os prados do mar “
Oleo / Lenzo : 100 x 100
2º Premio: Adriana Pardo Basanta ( Burela ).
Obra: “ Silencio a berros “
Oleo / Lenzo 190 x 150
3º Premio: Pablo Livio Díaz Cardona ( Viveiro ).
Obra: “ Nostalgia por tiempos perdidos “
Oleo / Lenzo . 104 x 104
ESCULTURA:
1º Premio: Juan José Vila Castro ( Lugo ).
Obra: “ A chamada intercultural “
Mixta . 110 x 144 x 45
2º Premio: Antonio F. Souto Cortizo ( Ourense ).
Obra: “ Maternidade “
Ferro – Deformación tubular . 36×20 x 40
3º Premio: Tony Ferrer Dieguez ( Ourense ).
Obra: “ Maternidade “
Bronce . 22 x 16 x 39
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro venres, 20 de maio, na Sala de Arte da Casa da Cultura e porá visitarse en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. Os sábados o seu horario será de 18:00 a 20:00 horas.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



