MÍTIN EN VIVEIRO: GUILLERME CUALIFICA OS CONTRATOS DE FEIJÓO DE “CONTRATOS TIMO” E DI QUE O PROBLEMA ESTÁ NA “LETRA PEQUENA” E NO “PROGRAMA OCULTO”
“Feijóo repite a campaña de 09, pero segundas partes nunca foron boas, a xente xa o coñece e xa sabe que da de si”
Viveiro, 9 Maio 11. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificou este serán os contratos de Feijóo -un por campaña- de “contratos timo” que a “nada obrigan”.
“O problema deses contratos está na letra pequena, letra pequena que o PP non ensina”, afirmou Guillerme. Na letra pequena está o “programa oculto” do PP para depois do 22 de Maio, “un programa de recortes masivos nos servizos públicos esenciais, na sanidade e no ensino”.
O portavoz nacional pronunciouse nestes termos durante a súa intervención no mítin de Viveiro, no cuarto día da campaña eleitoral.
“Estou a dicir que estamos ante unhas eleccións absolutamente cruciais. E son cruciais porque son tamén unha oportunidade para que a xente diga ‘NON’ ás políticas de dereita, para que a xente diga ‘NON’ a políticas que consisten en pasarlle a factura da crise á maioría social, a aqueles que nada fixeron para provocala”, argumentou o líder nacionalista.
A campaña do BNG é a campaña “das propostas e do debate”. Enfrente está a campaña do lixo e do “e ti máis” das demais forzas.
Recomendou explicitamente a Feijóo que reforce o seu equipo de guionistas porque a súa campaña “é cuspidiña” a de 2011. “Que lembre o señor Feijóo que segundas partes nunca foron boas. Que pense que a xente xa o coñece e xa sabe o que pode dar de si. Todo o mundo lembra que en 2009 prometía acabar co paro en 45 días e resulta que agora, 2 anos despois, colocou Galiza ao frente do ránking de destrución de traballo no Estado”.
AUSTERIDADE
Guillerme criticou o discurso da “falsa austeridade” do PP. “A austeridade tal e como a entende o PP é que os de abaixo traballen máis horas por menor salario. A austeridade tal como a entende o PP é traballar pola banca e poñerse ao servizo dos banqueiros, que por certo non se aplican a austeridade a si mesmos”, dixo.
“De acordo, falemos de austeridade. Suprimamos as deputacións. Suprimamos os ministerios que invaden competencias exclusivas da Xunta, desde Cultura até Sanidade. Reduzamos os gastos de Defensa. Retiremos as tropas de Afganistán. Queren que falemos de austeridade en serio? Pois falamos. Non, o problema é que non queren falar de austeridade en serio”.
VOTO GALEGO E DE ESQUERDAS
O portavoz nacional enfatizou que “todo o mundo ten que responsabilizarse do futuro, nós como forza política por suposto, mas os cidadáns e as cidadás tamén”.
“A xente normal ten dúas armas. O voto e a mobilización. A mobilización seica está ben en Exipto, mas non aquí”, ironizou. O voto hai que dirixilo para “parar as políticas de dereita”, fágaas o PP ou o PSOE.
“Hai que concentrar o voto galego e de esquerdas arredor das candidaturas do BNG, as únicas candidaturas que defenden os intereses da xente normal, as únicas candidaturas que son un dique de contención frente ás políticas de dereita”, concluiu.
BERNARDO FRAGA
Por súa parte, o candidato nacionalista á alcaldía de Viveiro, Bernardo Fraga, afirmou que, mentres que outros candidatos piden “facer borrón e conta nova” o que pide o BNG é “que fagan borrón, que da conta nova xa nos encargamos nós”.
O candidato apuntou que o BNG “ten un programa serio, de futuro, da vila que queremos, das propostas que facemos coas achegas de todos e todas”. Neste contexto de crise, o cartel nacionalista enfatizou que a pioridade do BNG son as 1.245 persoas que están no paro no noso concello, das que 155 son mozos e mozas menores de 25 anos”.
Bernardo apostou por unha política que free a sangría da emigración, con medidas que creen emprego. “Defendemos unha vila atractiva e coidada, cun PXOM definitivo que se poña ao servizo dos veciños e veciñas porque non poden pagar xustos por pecadores”.
“Os demais gobernaron xa moitos anos e gobernaron mal”, continuou, “nós imos romper o círculo”.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



