Nota de prensa
CASTIÑEIRA PROPÓN EN CORDIDO E SAN ACISCLO A CREACIÓN DUNHA BRIGADA DE MANTEMENTO DO RURAL EXCLUSIVA PARA AS PARROQUIAS FOCEGAS
O candidato do Partido Popular comezou a campaña o domingo en Cordido e continuará hoxe en Santo Acisclo presentando un plan de traballo que garanta a igualdade entre todos os veciños
Foz, 09/05/2011.- O PP de Foz iniciou os actos da campaña electoral o domingo cun mitin na parroquia de Cordido, precisamente na parroquia do actual portavoz municipal popular, Pedro Fernández Manín, que repetirá na lista, en agradecemento ao seu meritorio labor nestes dous últimos anos. O candidato, Javier Castiñeira, anunciou a creación dunha brigada de Mantemento do Rural dotada con medios materiais e humanos para uso exclusivo nas parroquias, entre as propostas populares, así como o nacemento dun fondo común para asociacións veciñas, xusto e equitativo para que independentemente cada asociación o invista en melloras nos centros, nas áreas deportivas e recreativas e nas festas locais.
Con unha grande asistencia de veciños, o PP decidiu iniciar a campaña nas parroquias de Cordido, o domingo, e Santo Acisclo, esta mesma tarde, en dúas das nove parroquias máis abandonadas polo goberno de Rivera, onde só a uns días das eleccións están tratando de facer as obras de maquillaxe política, tarde, mal e á presa, que non fixeron nos últimos catro anos, co único pretexto de sacar rendemento electoral.
Castiñeira tamén propuxo para Cordido a creación dun acceso dende Vilamor ata Ferradás, ademais de mellorar o camiño dende O Sisto ata O Barral e completar o saneamento nos lugares do Sisto, Fabega e O Barral. Para Santo Acisclo, tal e como lles trasladará hoxe o candidato popular aos veiños, o obxectivo céntrase na creación dunha área recreativa na zona dos muíños e na segunda fase do saneamento, ademais dun plan de recuperación das ribeiras do Ouro de Santo Acisclo a Fazouro, en colaboración con Augas de Galicia, e a creación dunha senda verde. Castiñeira tamén fixo referencia á mellora do trazado e firme da estrada LU-151, dende Santo Acisclo ata Fazouro.
O Partido Popular falou, así mesmo, do seu plan de traballo en servizos sociais para as parroquias baseado na igualdade: “As parroquias poderán ter transporte diario cara ao centro de día que se creará xunto co xeriátrico, mellorarase da teleasistencia e crearase un servizo de cátering asistencial que, xunto co banco de alimentos e roupa, asistirá aos veciños máis desfavorecidos do núcleo urbano e as parroquias por igual”.
Castiñeira está a amosar grande inquietude polas parroquias, das que quere importar eses valores característicos de traballo, esforzo, humildade e respecto pola natureza, polas tradicións e os maiores, uns valores cos que configurou súa candidatura, apostando por que máis do 60% do seu equipo humano fose das parroquias, e que reafirmou na apertura da campaña en Cordido.



















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



