Nota de prensa
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio
– Os 66 profesionais destas instalacións actuaron en 11 Concellos da zona norte da provincia segundo o informe que recolle a súa actividade no primeiro mes de servizo
– Das 20 intervencións, 10 foron extinción de incendios, 3 excarcelacións, 2 rescate de persoas mentres as restantes corresponden a actuacións de prevención
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon un total de 20 emerxencias acontecidas en 11 Concellos da zona norte da provincia durante o pasado mes. Son datos que reflicte o primeiro informe de actuación de ditas instalacións contraincendios logo de que o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación de Lugo e Xunta, lograsen a súa posta en marcha o 1 de maio.
Os 66 profesionais recen contratados para traballar nestes complexos tras recibir formación especializada de 400 horas de duración interviron, concretamente, nos seguintes municipios: Barreiros (1), Foz (4), Burela (2), Mondoñedo (1), Alfoz (2), Riotorto (1), Vilalba (1), Abadín (2), Xermade (2), Viveiro (3) e Cervo (1).
Das 20 intervencións realizadas, 10 foron extincións de incendios en vivendas, locais, vehículos ou servizos municipais, 3 excarcelacións, 2 rescate de persoas, mentres as restantes corresponden a actividades de prevención tales como limpeza de estradas ou a actuacións debido a inundacións.
O informe de actuación tamén reflexa que o tempo de resposta medio por emerxencia foi de 8 minutos, mentres os de intervención e ocupación foron de 3 horas. Ademais, os 12 vehículos adquiridos polo Consorcio (4 por instalación: mando todo terreo, mixto de rescate e extinción, urbano lixeiro e bomba nodriza) realizaron un total de 1.464 quilómetros.
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba prestan servizo as 24 horas dos 365 días ó ano, e dan cobertura ó 100% da zona norte da provincia. Atenden 25 Concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade, e Xove.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



