Nota de prensa:
AS ‘CATAS DE VIÑOS E AUGARDENTES DE GALICIA 2011’ RECOÑECERÁN AOS MELLORES PRODUTOS VITIVINÍCOLAS DE GALICIA
O certame, organizado pola Consellería do Medio Rural, supón un importante incentivo para os caldos galegos e a súa proxección e promoción comercial
Recoñeceranse os mellores viños, seleccionados entre un total de 185, e as augardentes galegas, elixidas entre as 16 concorrentes
Ao acto acudirán o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez
Santiago, 4 de setembro de 2011.- O vindeiro xoves celebrarase a entrega de premios da XXIII Cata de Viños de Galicia 2011, certame organizado pola Consellería do Medio Rural en colaboración cos consellos reguladores participantes. Este é un dos máis importantes certames dos que se celebran en Galicia e que conta coa categoría de concurso oficialmente recoñecido de viños de España.
O lugar escollido para a cerimonia foi o Mosteiro de San Clodio, no concello ourensán de Leiro, un cenobio medieval declarado Monumento Histórico Nacional no ano 1931. O acto contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que estará acompañado polo Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez.
Viños e augardentes premiados
Nas catas celebradas durante o mes de xullo participaron un total de doce expertos do mundo do viño, encargados de examinar as características e calidades dun total de 185 caldos procedentes de 105 adegas das Denominacións de Orixe Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra, Rías Baixas e Monterrei. Os viños concorrentes nas catas foron elaborados nas adegas inscritas a estas Denominacións de Orixe, con uvas da colleita do ano 2010 ou do 2009, no caso de que nalgunha das súas fases de elaboración estivesen en contacto con madeira. Os caldos inscritos no concurso competiron para obter recoñecementos como o de Mellor Branco e Mellor Tinto de Galicia (elixidos entre os caldos mellor puntuados en cada denominación de orixe). Tamén se outorgarán os Acios de Ouro, Prata e Bronce para os tres viños mellor puntuados na categoría de Viños de Colleiteiro.
No mesmo acto, farase entrega dos galardóns correspondentes á XIII Edición da Cata de Augardentes de Galicia 2011, na que colabora o Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores de Galicia. No certame participaron 16 augardentes, das cales sairán premiadas tres, cos recoñecementos Pote de Ouro, de Prata e de Bronce.
Calidade recoñecida
Este tipo de certames, como o organizado polo departamento que dirixe Samuel Juárez, destacan pola súa importancia para dar a coñecer os viños galegos, posuidores de personalidade e características propias. As condicións axeitadas do territorio galego para o cultivo de vide, xunto co traballo e iniciativa de adegueiros e colleiteiros fan dos caldos galegos, un produto de calidade, de recoñecido prestixio dentro e fóra da Comunidade Autónoma e moi valorado nos mercados á hora da súa comercialización.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



