Nota de prensa:
Candidatos do BNG participaron reparto informativo no mercado de San Cibrao onde demandaron unha vez mais a apertura do dique norte de Alcoa ao tráfico comercial para crear 400 empregos na comarca.
Os nacionalistas insisten en que só a presenza do BNG con forza nas cortes do estado garante que as necesidades da Mariña sexan defendidas con claridade.
A Mariña, 10 de novembro de 2011. Candidatos e candidatas do BNG ao congreso e senado participaron nun reparto informativo no mercado de San Cibrao onde volveron insitir na apertura do dique norte de Morás ao tráfico comercial non só como infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento económico da comarca, senón tamén para a xeración de 400 empregos na comarca. Bernardo Fraga Galdo, candidato ao senado, afirmou que “o BNG presentou a súa candidatura ao congreso e senado na Mariña no dique norte de Morás e non o fixo por causalidade senón porqué está é unha demanda á que nos non imos renunciar como fixeron outros”, en clara alusión a PSOE e PP. O Tte. de alcalde de Viveiro e candidato nacionalista ao senado, estivo acompañado de Ana Ermida Igrexas, candidata ao senado, Dores Fernández Abel, candidata ao congreso, Xosé Manuel López Hermida, candidato ao senado, Xoán Antón Estúa, portavoz municipal de Cervo e outros membros do BNG.
Abrir o dique norte de Alcoa ao tráfico comercial é sinónimo da creación de emprego e apoio aos sectores produtivos na nosa comarca
Bernardo Fraga deixou clara que esta é unha demanda “á que o BNG non vai renunciar como fixeron outros” engadindo que “hai sectores produtivos da nosa comarca que están perdendo oportunidades pola imposibilidade de utilización dun porto que foi construído con diñeiro público”. O candidato nacionalista ao senado afirmou que “o BNG leva xa moitos anos loitando no campo social e institucional para recuperar a concesión para uso comercial do dique norte de Morás “que un goberno presidido polo PP concedeu á multinacional Alcoa e que un goberno do PSOE foi incapaz de recuperar aínda incumprindo promesas electorais e acordos parlamentarios”. Fraga Galdo, non dubidou en comprometer o traballo político e social do BNG para lograr este obxectivo porqué “para nos esta infraestrutura é vital para o apoio aos nosos sectores produtivos e para a xeración de emprego, tan necesario nestes momentos”
Para Bernardo Fraga “a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao traballa na contra dos intereses da Mariña e responsabilizou ao PP, que ten representantes desta comarca na mesma de “estar calados mentres se espolian os ingresos producidos polo tráfico comercial en San Cibrao dando por boas as esmolas que nos deixan”. Segundo o nacionalista, PP e PSOE actúan diferente en función de si están no goberno ou non e contrapuxo a vontade decidida do BNG para defender o noso á de aqueles que so se preocupan deste tema cando o BNG move ficha.
Os nacionalistas manteñen que a apertura de dique norte de Morás ao tráfico comercial significaría de que a súa entrada en funcionamento a creación de preto de 400 empregos directos asociados, non son palabras baleiras, son 400 empregos como recoñece o propio estudo de Portos de Galiza. Isto é unha aposta real polo emprego na comarca.
So o BNG mantén o debate político sobre a apertura do dique norte no estado
Fraga Galdo, lembrou que “foi necesaria a chegada do BNG ás Cortes Xerais do Estado para que en Madrid se falara deste tema e segue sendo o BNG quen mantén o pulso, goberne quen goberne, para que se produza o equilibrio entre os ingresos e gastos na autoridade portuaria Ferrol-San Cibrao, para que se cree unha autoridade portuaria na Mariña e para o uso comercial do dique de Morás”. Nos entendemos estas reivindicacións como unha panca para o desenvolvemento económico da zona e tamén, por suposto, porque así é como nos entendemos o desenvolvemento económico para crear emprego, afirmou Fraga Galdo. O nacionalista dixo que abrir o dique norte de Morás ao tráfico comercial ten un custe de 9 a 11 millóns de euros e “xa é hora de que os dous grandes partidos estatais pensen mais en investir que en recortar”
Para o candidato nacionalista ao senado, é hora de rematar con que sexa este o único Porto do Estado onde o Ministerio de Fomento non inviste un euro nos últimos tres anos. Chegou o momento da súa apertura comercial para que o noso sector forestal e tamén de transformación poidan exportar desde aquí diminuíndo os custes de loxística e por conseguinte aumentando o valor engadido e a produtividade dos nosos sectores económicos. Rematouse que a Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao non financie obras de infraestrutura, como si fai na área de Ferrol, onde financiou con fondos propios o Porto de Caneliñas.



















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



