A corporación de Burela celebrará dúas sesións plenarias o mesmo día como medida de aforro
Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA APRAZA O PLENO ORDINARIO DE MAÑÁ E CONVOCARÁ UNHA SESIÓN EXTRAORDINARIA NUNS DÍAS PARA APROBAR OS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS DE 2012. O OBXECTIVO É NON DUPLICAR PLENOS NIN GASTOS E ASÍ AFORRARLLES O MÁIS QUE SE POIDA ÁS ARCAS MUNICIPAIS.
Burela, 23 de novembro de 2011. O alcalde de Burela, José María González Barcia, apraza o pleno ordinario de mañá e convocará unha sesión extraordinaria no prazo duns días para aprobar os presupostos municipais de 2012 e o resto de asuntos previstos para a de mañá. Todo co obxectivo de aforrarlles gastos ás arcas municipais.
O rexedor explicou que “o pleno ordinario que se ía celebrar mañá en Burela se vai aprazar porque estamos rematando a elaboración dos presupostos municipais para o ano 2012 e desde o equipo de goberno entendemos que non era demasiado lóxico facer un pleno ordinario mañá co gasto derivado que eso supón e convocar outro pleno extraordinario dentro de dez ou quince días para aprobar eses orzamentos municipias”.
Barcia indicou que “tendo en conta que os presupostos están rematados ou a piques de que así sexa e tendo en conta que facer dúas sesións de pleno implicaría un coste adicional de 600 euros, optamos por aprazar o pleno ordinario e celebralo ou ben a vindeira semana ou na semana das pontes de decembro, aínda que hai días festivos hai tres días para traballar. Non queremos duplicar plenos nin gastos co obxectivo de aforrarlles o máis que se poida ás arcas municipais”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



