Nota de prensa
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2011
Con motivo de celebrarse mañá, sábado, 3 de decembro de 2011, o “Día Internacional das Persoas con Discapacidade” os catro museos integrados na Rede de Museos da Deputación de Lugo, dependente da área de Cultura e Turismo, elaboran un amplo programa de actividades que se van desenvolver ata finais de xaneiro de 2012. Este programa inclúe obradoiros para a igualdade, proxeccións de cine sobre discapacidade, teatro inclusivo, exposicións… actividades todas coas que se pretende concienciar e fomentar na sociedade a integración das persoas que por moi diversas razóns precisan dunha discriminación en positivo. Estas actividades comezan esta fin de semana coas seguintes propostas, todas de acceso libre e gratuíto:
Sábado, 3 de decembro, no horario habitual dos catro museos:
– VISITAS GUIADAS TELEFÓNICAS. Con motivo do Día Internacional de Persoas con Discapacidade, este sábado poderase acceder nos catro museos da Rede da Deputación (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Museo Etnográfico San Paio de Narla, en Friol, e Pazo de Tor, en Monforte) a visitas guiadas telefónicas para todos aqueles usuarios con discapacidade que por esta circunstancia non poidan acudir. É imprescindible a concertación previa mediante chamada teléfónica ao museo que desexe visitar.
Luns, 5 de decembro, ás 11:00 h., no Museo Provincial de Lugo
– EXPOSICIÓN FUNDACIÓN ANADE. Ás 11:00 horas do vindeiro luns, 5 de decembro, terá lugar na Sala Multiusos do MPLugo a inauguración da exposición que recolle as obras premiadas no VI Premio Internacional de Fotografía sobre Discapacidade “Fundación ANADE”, certame que ten por obxectivo facer visible a realidade do colectivo de persoas con discapacidade psíquica, física, sensorial e enfermidade mental. Neste acto, no que se entregarán os galardóns do concurso, intervirán o deputado delegado da área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro e representantes da Fundación Anade. Esta exposición vai permanecer aberta ao público ata o 18 de decembro.
Máis información e contactos cos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo:
Museo Provincial de Lugo: tfno..: 982 24 21 12 / info@museolugo.org
Museo Etnográfico de San Paio de Narla: tfno..: 982 37 51 56 / sanpaiodenarla@museolugo.org
Museo Provincial do Mar: tfno..: 982 59 45 72 / museodomar@museolugo.org
Museo Pazo de Tor: tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



