I
Nota de Prnsa
O GPPP PREGUNTA CÁNDO ESTARÁN REMATADOS OS PARQUES DE BOMBEIROS
• O voceiro adxunto considera que a aquisición de material realizouse “apresuradamente
• Barcia considera que Lara Méndez “non sabe de que fala”
Lugo, a 7 de febreiro de 2009.- O GPPP pregúntase cándo estarán rematados os parques de bombeiros que establece o consorcio porque, a día de hoxe, só está construído o de Barreiros, no de Viveiro aínda non comenzaron as obras, como acontece tamén co de Sarria, e os outros dous están nos cimentos.
O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, lamenta que Lara Méndez veña agora presumindo de comprar material, cando ela dixo hai ano e medio que o parque de Barreiros estaría aberto “no primeiro trimestres de 2008”. A situación demostra que “ou non se entera de nada do que acontece nin na Deputación nin en Cervo, ou directamente mentiu. Cabe ainda outra opción, que se un compendio de ambas posibilidades”.
“Sobre o que non cabe dúbida é pola Deputación non vai moito, como o demostra que sexa un dos membros da xunta de goberno que máis falta ás sesións da mesma, e eso que cobra unha considerable adicación exclusiva”, engadiu.
Para Barcia, é “unha evidencia” que, “ata que non se constrúan os parques e haxa dotación de persoal cualificado”, o material que se compre estará parado, inservible, como o están os cinco camións nodriza, que están aparcados nunha nave fora da provincia de Lugo.
Conclúe o voceiro adxunto do GPPP “que o pouco que se fai non se fai cunha programación axeitada, porque se non hai quen manexe o material, xa nos dirán para que serve”.
A Deputación provincial debería explicar, engade, qué se vai facer co novo material que adquira e qué uso se lle vai dar, “porque se están investindo preto de tres millóns de euros, e parece lóxico supoñer que será para que entre en servicio de xeito inmediato”



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



