Conservación, residuos, EA, Preescolar na Casa e Valedor, resolucións da 36 Asemblea de ADEGA
DMMA11tnEsta pasada fin de semana, ADEGA celebrou a súa 36ª Asemblea Xeral Ordinaria. Ao longo desta xuntanza e baixo o lema “En marcha por unha Galiza sustentábel” fixemos un balanzo da situación ambiental do país e dos principais reptos para o 2012, deseñando as estratexias para facerlles fronte. A este respeito, a Asemblea acordou trasladar á sociedade galega as seguintes resolucións, relativas á Conservación da Natureza; a incineración dos residuos, a situación da Educación Ambiental no país e a actitude do Valedor do Pobo coa nosa lingua. Xa pola noite na cea de congfraternización, fixemos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.
RESOLUCIÓNS DA 36ª ASEMBLEA ANUAL DE ADEGA
Conservación da Natureza: perante a política da Xunta de rebaixar os requisitos de control ambiental mediante determinadas normas e espúreas modificacións legais (lei de acompañamento, lei de industria, Plano Director da Rede Natura), e diante da inoperancia e o desleixo da Dirección Xeral de Conservación á hora de conservar e recuperar o nosa biodiversidade (lumes en espazos protexidos, xestión da caza, lobo), a Asemblea de ADEGA solicita á Xunta a supresión da Dirección Xeral de Conservación e a asignación do seu orzamento para proxectos e altos cargos ás organizacións sociais galegas que estamos a traballar de xeito efectivo pola conservación do noso patrimonio natural.
Residuos: a Asemblea de ADEGA expresa o seu rexeitamento á incineración que a Xunta propón para o tratamento dos residuos sólidos urbanos e a súa aposta pola redución, a reciclaxe e a compostaxe como millor sistema para o tratamento do lixo. Do mesmo xeito, expresamos o noso apoio ás plataformas veciñais conta a incineradora do Irixo e a nosa solidariedade cos habitantes das comarcas do Ribeiro e Deza.
Educación Ambiental: A Asemblea de ADEGA denuncia a situación crítica da Educación Ambiental en Galiza polo perche de equipamentos e e eliminación total de orzamentos ás entidades (1.200.000€ en 2007, 0€ en 2011). A Educación Ambiental non é un gasto social, é un investimento!
Preescolar na Casa: A Asemblea de ADEGA expresa o seu rexeitamento á decisión da Xunta retirar as axudas para pretender eliminar o programa Preescolar na Casa e deixar sen atención educativa a 4.000 familias, perdendo ademais 42 postos de traballo no que constitúe un dos ataques máis graves á nosa lingua e ao sistema educativo perpetrado polo governo de Núñez Feijóo.
Valedor do Pobo: Diante da posición do Valedor do Pobo, Benigno López, favorábel a censurar un libro de texto de Coñecemento de Medio de 5º de Primaria por reproducir literaltemente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía de Galiza que di: “A lingua propia de Galiza é o galego”, a Asemblea de ADEGA esixe ao Parlamento a reprobación desta actitude e a destitución do Valedor.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



