Nota de prensa:
A nova andaina do In Lugo arranca con accións formativas para potenciar a inserción laboral e a competitividade das PEMES
– O Deputado de Economía do Coñecemento explicou que o Centro de Innovación Social ensinará a 25 desempregados como sacar ó máximo partido a Internet para atopar traballo e mostrará a outros 25 empresarios como posicionarse na Rede para aumentar beneficios
– A inscrición nas xornadas, totalmente gratuítas e previstas para entre o 16 de xaneiro e o 24 de febreiro, pode facerse na web www.deputacionlugo.org ou no 982-26-00-77. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de solicitude
– Máis de 1.300 persoas participaron o pasado ano nas xornadas de formación do centro, que nesta segunda fase pasa a depender da Fundación TIC e conta cun orzamento global de 1,6 millóns de euros
O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val, presentou este mércores as accións formativas coas que arranca a nova andaina do Centro de Innovación Social In Lugo, unhas actividades totalmente gratuítas que teñen como obxectivo potenciar a inserción laboral e a competitividade e produtividade das PEMES da provincia aproveitando as posibilidades das novas tecnoloxías. Val explicou que o In Lugo ensinará por unha banda a 25 desempregados como sacar o máximo partido a Internet para atopar traballo e, por outro, mostrará a outros 25 empresarios lucenses como posicionar o seu negocio na Rede co fin de abrir novos mercados e aumentalos beneficios. “Potenciamos as actividades dirixidas ós sectores máis desfavorecidos, así como ós máis estratéxicos para a economía da nosa provincia, neste caso ós desempregados e ás PEMES, poñendo á súa disposición sen custe algún formación especializada co fin de dinamizar o tecido socioeconómico, e xerar emprego e riqueza, un dos eixos centrais da acción deste Goberno provincial”, subliñou o Deputado de Innovación.
O primeiro dos seminarios denomínase Internet: o noso mellor aliado na busca de emprego e desenvolverase na semana do 16 ó 20 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00, nas instalacións do In Lugo, situadas no edificio da Escola de Imaxe e Son, na rúa Frei Plácido Rey Lemos da capital lucense. “Os blogs e as redes sociais son moito máis que sitios nos que conversar con amigos e familiares, ou publicar fotos ou vídeos, son tamén un punto de encontro entre profesionais e os nosos mellores aliados á hora de encontrar emprego”, asegurou José Ramón Val, que recalcou que, “segundo a maior parte dos estudos, máis do 70% dos empregos atópanse no círculo de coñecidos. Hoxe, coas novas tecnoloxías, este círculo non só se atopa a un só clic de nós, se non que se multiplica por miles coas redes sociais”. Un exemplo desas amplas posibilidades é Linkedin, a rede profesional máis grande do mundo, que conta hoxe con 42 millóns de usuarios de máis de 200 países e de 170 sectores. Empresas como Telefónica, Banco Santander, IBM España ou Indra forman parte deste espazo e buscan nel novos profesionais. De feito, segundo unha enquisa realizada a directores españois de Recursos Humanos, o 64% destes profesionais consultan o perfil dos candidatos nas redes sociais antes das entrevistas laborais, e un 30% descartan a aquelas persoas que non teñen presenza neste tipo de redes ou cun perfil pobre nelas.
Nas xornadas formativas sobre a busca de emprego en Internet os participantes coñecerán como definir a súa propia estratexia dixital, coñecer o seu potencial profesional, analizar o mercado laboral na rede ou utilizar as ferramentas dispoñibles para atopar traballo, entre outros aspectos. Ademais da parte teórica, haberá unha práctica na que os asistentes farán unha busca real de emprego e fixarán unha estratexia de promoción persoal en Internet.
Polo que respecta ó segundo seminario, denominado Community Management para PEMES, terá lugar todos os venres entre o 27 de xaneiro e o 24 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas, tamén no Centro de Innovación Social. Serán cinco sesións totalmente prácticas nas que se mostrará ás pequenas e medianas empresas como obter unha correcta presenza en Internet, pois isto “non só amplía e mellora a comunicación cos clientes dun xeito máis directo, senón que tamén redunda no incremento dos seus beneficios. Os blogs e as redes sociais constitúen a ferramenta perfecta para acometer accións sólidas e sostibles que fidelicen ós clientes”, destacou o Deputado de Economía do Coñecemento, que puxo como exemplo á compañía multinacional de novas tecnoloxías DELL, cuxa irrupción en Twitter no 2009 fixo que lograrse 3 millóns de dólares en vendas directas a través deste servizo e dende entón continúa aumentando as súas cifras de venda por medio desta canle.
A programación do curso inclúe a creación dun blog, o manexo das redes sociais, as técnicas e os medios tecnolóxicos a empregar para conectar co público ou a preparación dunha campaña on line.
Aberto o prazo de inscrición ata esgotarse as prazas
Os interesados en tomar parte nestas actividades do Centro de Innovación Social (CIS) poden informarse ou inscribirse na web www.deputacionlugo.org ou chamando ó número de teléfono 982-26-00-77. O prazo está aberto dende hoxe mesmo ata esgotarse as 50 prazas dispoñibles (25 en cada curso), que se cubrirán por rigorosa orde de solicitude.
A cargo da Fundación TIC
O primeiro centro de innovación social en Galicia, In Lugo, foi creado en marzo de 2011 pola Deputación cun financiamento do 88,9% do Ministerio de Industria a través do Plan Avanza co fin de promover actuacións e servizos baseados nas novas tecnoloxías encamiñados a mellorar a calidade de vida dos veciños da provincia e dinamizar o tecido económico. Neste 2012 inicia unha nova andaina, na que, de ser xestionado directamente dende a Deputación, pasa a depender da Fundación TIC co fin de aforrar recursos e crear sinerxias. Contará cun orzamento global de 1,6 millóns de euros procedentes do Innova-TE2, o ambicioso programa tecnolóxico do organismo provincial que, dotado con 15 millóns de euros, está financiado ó 70% pola Unión Europea.
O In Lugo atópase na segunda planta da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, a localización máis axeitada, en tanto que se trata dun proxecto estreitamente vinculado coas novas tecnoloxías e a innovación, ó igual que o é a EIS, o único centro da provincia que imparte titulacións da rama audiovisual. Esta vinculación, tanto física, como de obxectivos, fai que o máis operativo sexa que a TIC pase a ocuparse da xestión do In Lugo, pois mellorará a súa eficiencia e aproveitaranse sinerxias.
Boa acollida
Máis de 1.300 persoas participaron de xeito gratuíto nas novidosas accións formativas sobre novas tecnoloxías organizadas polo CIS o pasado ano, o que pon de manifesto a boa acollida e o éxito da iniciativa. Nas propias instalacións do centro leváronse a cabo 100 actividades, das que se beneficiaron 1.000 persoas. Houbo participantes de entre os 6 ata os máis de 65 anos, membros de diferentes colectivos, como a Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, a Asociación de Empresarias de Lugo, a Asociación de Enfermos de Alzheimer (AFALU) ou Proxecto Home, así como profesionais de sectores como o da agricultura ou a gandería, e mesmo autónomos. Ademais, atendendo á demanda dos propios veciños, descentralizouse a programación levando xornadas formativas ós Concellos, que contaron con 105 asistentes. Tamén se desenvolveron 40 cursos on line, nos que participaron 200 persoas, co obxectivo de garantir o acceso á oferta formativa a tódolos cidadáns.


















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



