Notas de prensa
Cervo decreta bandeiras a media asta, suspensión de actos e testemuñar condolencias mediante un anuncio público en medio de comunicación pola morte de Manuel Fraga Iribarne, fillo adoptivo desde o 03.12.1964
DECRETO DE ALCALDÍA Nº 15/2012
En virtude das facultades que me confire a lexislación vixente, e
tendo en conta que no día de onte faleceu D. MANUEL FRAGA IRIBARNE,
nomeado FILLO ADOPTIVO deste concello por acordo adoptado na sesión
extraordinaria do Pleno celebrado o 03.12.1964, esta Alcaldía, como
medida de urxencia, ACORDA:
PRIMEIRO.- Decretar que durante os días 16 e 17 de xaneiro, as
bandeiras permanecerán a media asta e, a local, con crespón negro.
SEGUNDO.- Suspender todos os actos públicos oficiais, organizados
polo Concello de Cervo, a través de calquera das súas delegacións,
servizos ou departamentos.
TERCEIRO.- Transmitir formalmente as condolencias á familia.
CUARTO.- Testemuñar as condolencias mediante un anuncio público
en medio de comunicación como recoñecemento do pesar do Concello de
Cervo ante este suceso.
Así o resolve, manda e asina o señor alcalde, Cervo, 16 de xaneiro
de 2012.
O alcalde,
Alfonso Villares Bermúdez
O PP burelés lamenta o pasamento de D. Manuel Fraga Iribarne
Os populares afirman que “sempre mostrou apoio ás iniciativas emanadas desde Burela”.
Lembran que “con Fraga leváronse a cabo actuacións determinantes para a nosa localidade”.
Burela, a 16 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Burela amosou hoxe, a través dunha nota de prensa, o seu pesar polo pasamento de D. Manuel Fraga Iribarne, presidente fundador do PP, presidente da Xunta e senador, entre outros cargos.
D. Manuel Fraga Iribarne foi, para os populares bureleses, “unha persoa que sempre mostrou apoio ás iniciativas que emanaban desde Burela, e demostrou o seu compromiso con actuacións relevantes dentro do noso concello”.
Así, os populares lembran que foi a Xunta presidida por Manuel Fraga a que construiu o actual Centro de Saúde, a Casa do Concello,…. Tamén levou a cabo a ampliación do Hospital, as obras do peirao sur do porto burelés, ou o eficio número dous do CEIP “”Vista Alegre”, ou a Casa da Terceira Idade, entre outras actuacións tamén relevantes, como o investimento de preto de mil millóns das antigas pesetas en renovar toda a rede de subministro de auga no casco urbano, a rede de saneamento, ou a actual EDAR.
Os populares bureleses afirman que “Fraga tiña un especial cariño hacia Burela, porque admiraba o dinamismo e o desenvolvemento do noso pobo desde a década dos cincuenta do século pasado, desenvolvemento que el coñecía ben polas súas visitas periódicas á Mariña e mesmo a Burela”.
Desde o PP burelés aseguran que “con D. Manuel Fraga desaparece o político galego de maior prestixio do século XX, o político que foi capaz de dotar a Galicia de auténtica presencia dentro do marco autonómico español, de potenciar a vertebración da nosa comunidade co resto de España, e de millorar considerablemente o nivel de vida do conxunto dos galegos”.
DEPUTACIÓN DE LUGO
Besteiro visitará esta tarde a capela ardente de Fraga para trasladar persoalmente á familia as condolencias da Corporación
– O Presidente destaca 4 claves na biografía do político falecido: “foi un home de Estado, protagonista da transición política, pai da Constitución e Presidente da Xunta durante 16 anos”
– Tendo en conta que Fraga é Fillo Predilecto e Medalla de Ouro da provincia e seguindo o Regulamento de Honras e Distincións, Besteiro aprobou esta maná un decreto polo que a bandeira da provincia xa está a media asta e con crespón negro

Gómez Besteiro viaxou a Madrid para trasladar persoalmen te á familia de Fraga as condolenci as da corporació n provincial
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, visitará esta tarde a capela ardente da Manuel Fraga Iribarne situada en Madrid para, en nome da Corporación Provincial, trasladar persoalmente á familia as condolencias, así como para expresarlles o recoñecemento da institución luguesa ó político falecido. Besteiro salientou que “catro claves definen fundamentalmente a biografía de Fraga: foi un home de Estado, protagonista da transición política, pai da Constitución e Presidente da Xunta, cargo que ostento durante 16 anos. Fixo historia e falaremos del nos próximos anos como un bo home e un bo galego”.
Manuel Fraga Iribarne é Fillo Predilecto e Medalla de Ouro da provincia. Por este motivo, e tendo en conta o artigo 7º do Regulamento de Honras e Distincións do organismo provincial, o Presidente aprobou esta mesma mañá un decreto polo que, entre outros puntos, resolveu:
Izar a bandeira da provincia a media asta e con crespón negro durante o tempo establecido para o sepelio.
Promulgar unha declaración institucional de condolencia na que se destaquen os méritos que concorren na figura de Manuel Fraga.
Remitir ó lugar establecido para as pompas fúnebres unha homenaxe floral da Deputación.
PARTIDO POPULAR DE LUGO
O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, lamentou a morte do Presidente Fundador do PP, D. Manuel Fraga Iribarne. Barreiro, destaca a súa grandeza política exercida dende a convicción e o talle intelectual e asegura que a historia da democracia non se pode narrar sin él. “Foi en tódolos sentidos un excelente mestre. É irrefutable que de D. Manuel había moito que aprender. As súas ensinanzas, o seu legado, pervirán no tempo, sendo a súa entrega, capacidade e traballo un exemplo a seguir”.
Para o Presidente Provincial, D. Manuel Fraga, é o político máis relevante deste último século. “Foi quen creou un proxecto político de centro dereita que posibilitou que España chegase ao que é agora. Foi ademási o autor do galeguismo moderno. Sembrou o que moitos poidemos recoller despois. Foi un dos piares básicos para asentar a democracia”.
Un exemplo significativo da súa impronta quedou patente durante a súa etapa como Presidente da Xunta, un período, segundo Barreiro, esencial para o desenvolvemento económico e social do noso país. Imperou dentro do arraigado amor pola terra, de profundo respecto e fomento da diversidade dentro da unidade.
A súa traxectoria vital, vocación, servizo público, entrega e traballo definen para José Manuel Barreiro a vocación política de D. Manuel Fraga Iribarne.
Asemade, e en nome de todo o Partido, o Presidente do Partido Popular expresou o máis sentido pésame polo finamento de D. Manuel Fraga, transmitíndolle o máis sentido pésame a familia e agradece as mostras de condolencia que se están a recibir por parte dos cidadáns.