NOTA DE PRENSA:
VARELA: “O BIPARTITO NON SOUBO DARLLE A GALICIA O PROTAGONISMO QUE MERECE NA UNIÓN EUROPEA”
* O eurodiputado e candidato ás autonómicas por Lugo considera que a Xunta non defendeu os intereses galegos nos sectores pesqueiro e lácteo e calificou “de desconsideración cos lucenses” as características do AVE que está previsto que comunique Lugo e Ourense
Lugo, a 14 de febreiro de 2009.- O Presidente provincial do PP de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, e o eurodiputado popular e candidato ó Parlamento de Galicia, Daniel Varela, fixeron hoxe en Lugo o balanzo do traballo realizado en Estrasburgo polo seu partido na defensa dos intereses galegos ante a Unión Europea, ó tempo que presentaron o programa europeo que porá en marcha o PP dende o Parlamento de Galicia.
Do traballo feito polos populares en Europa dan boa conta os dous libros escritos por Daniel Varela e que foron presentados no acto. “Pouco hai”, ó entender dos respresentantes populares, “do feito polos demais na defensa dos intereses de Galicia en Europa”.
Lugo, segundo aseguraron, precisa potenciar en Europa a defensa dos sectores económicos e sociais nos que inciden as políticas da UE. “Ninguén debería esquecer, como si fixeron outros, que os sectores primarios son básicos para Lugo e que sobre eles rixen as políticas comunitarias, xa sexa no sector agrario, no gandeiro (carne e leite); no forestal, no pesqueiro e incluso no industrial, dado o importante peso específico das Pemes na nosa provincia, e incluso no que atinxe ás infraestructuras, aí está o gran retraso co que chegará o AVE a Lugo e o peor, se é que a situación pode empeorar máis, as condicións nas que chegará cando chegue”.
O bipartito, setenciaron os populares, “estivo ausente de Europa porque había dous modelos e estaban máis preocupados polas súas loitas e protagonismos internos que por defender os intereses de Galicia”.
Así, segundo aseguraron, a negociación láctea supuxo un “varapalo” para os intereses galegos en xeneral e lucenses en particular e no sector pesqueiro “non souberon darlle a Galicia o protagonismo que se merece nin controlar as importacións masivas de productos asiáticos en clara competencia desleal coa nosa propia flota”.
A esto hai que unir que o AVE previsto para comunicar Lugo con Ourense “é unha desconsideración maiúscula cos lucenses. Lugo non se merece ese trato. Por qué Ourense, Santiago, A Coruña, Vigo, Pontevedra, van a ter un AVE de mellores prestacións que o de Lugo?, preguntáronse.
“A todas estas cuestións hai que darlle un novo tratamento e, coa nosa experiencia, farao o PP no Goberno de Galicia e no Parlamento Galego”, apuntillaron.
O entender do PP, o Goberno galego debe mellorar a súa participación directa en Bruselas e o seu papel na implementación das políticas públicas europeas nos ámbitos materiais nos que Galicia ten competencias ou interese directos. Convén, por tanto, que a Xunta racionalice e intensifique o seu labor na dinamización dos distintos axentes socioeconómicos galegos, co obxectivo de facilitar o aproveitamente por parte do conxunto da sociedade galega das oportunidades xeradas polo proceso de integración europea.
A participación de Galicia na UE desenvolverase, segundo recolle o programa dos populares, ó redor dos seguintes eixos de actuación:
1. Impulso da presenza de Galicia nos comités da Comisión Europea.
2. Impulso ó traballo no Comité das Rexións e no Parlamento europeo.
3. Defensa da aplicación do principio de subsidiariedade.
4. Reivindicación das funcións de autoridade de xestión e de pagamento dos fondos europeos.
5. Promoción dun lobby galego na UE.
6. Impulso da actividade da Fundación Galicia-Europa.
7. Mellorar a información sobre a UE en Galicia e promover unha maior participación dos galegos nos asuntos europeos.
8. Reforzo da participación de Galicia nas organizacións rexionais europeas.
9. Maior protagonismo europeo do Parlamento de Galicia.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



