Nota de prensa:
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte
– Máis de 300 aspirantes farán as probas teóricas e físicas, que se desenvolverán entre os días 9 e 23 de febreiro en distintas localizacións de Lugo e Chantada
– Cos profesionais que resulten seleccionados para estas instalacións que se incorporarán ó Consorcio antes do verán, serán 120 as persoas que presten servizo contraincendios en Lugo
– Os parques de Sarria, Chantada, Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon no mes de xaneiro un total de 42 emerxencias, das que a metade foron incendios en vivendas e locais
O proceso de selección para cubrir 19 prazas no parque de bombeiros de Monforte de Lemos desenvolverase entre os vindeiros días 9 e 23 de febreiro en distintas localizacións de Lugo e Chantada. Coa cobertura destas vacantes, a rede de parques do Consorcio Provincial de Bombeiros, composto por Xunta e Deputación, pasará a dar emprego a 120 persoas.
Este é o seguinte paso de cara á incorporación do complexo monfortino ó Consorcio que se fará efectiva antes do verán e coa que se ampliará a cobertura deste servizo na zona sur da provincia luguesa. Deste xeito, o Orzamento para 2012 do organismo xa contempla a partida necesaria para esta integración que, ademais do reforzo do cadro de persoal, leva consigo a mellora e adaptación das dependencias e o equipamento co fin de que o parque teña as mesmas características cos outros 5 do Consorcio (Sarria, Chantada, Barreiros, Viveiro e Vilalba). Para elo, está previsto adquirir 1 camión bul e outro lixeiro, quedando 4 vehículos preparados para cubrir emerxencias ó igual que nas restantes instalacións contraincendios. Tamén se mercará todo o material interior necesario, é dicir, dende mobiliario ou material informático ata traxes de protección ou ferramentas. Este investimento nas instalacións monfortinas respostan ás necesidades detectadas polos técnicos na súa visita a este complexo.
A UTE Hasa-Natutecnia (Hispania de Aviación SA e Consultoría Natutecnia), concesionaria dos parques de bombeiros na zona sur, levará a cabo as probas de selección dos novos efectivos de Monforte ó longo de cinco días. O 9, 15, 16, 22 e 23 de febreiro terán lugar as probas teóricas (sobre coñecementos xerais da profesión ou da toponimia da zona sur da provincia, así como exames psicotécnicos) e as físicas (gabeo por corda, carreiras de 100 e 1.500 metros, 50 m. de natación, press de banca e salto de lonxitude). As avaliacións terán como escenarios o Pazo de Feiras e Congresos, o Pavillón Universitario e as pistas de atletismo de Lugo, a piscina das Pedreiras e o Parque de Bombeiros de Chantada. En canto se vaian facendo públicos, os resultados das probas poderanse consultar na páxina web do Consorcio, www.salvamentolugo.org, así como na da empresa adxudicataria www.natutecnia.com.
120 postos de emprego
Cos profesionais que resulten seleccionados, serán 120 as persoas contratadas polo Consorcio Provincial de Bombeiros para prestar cobertura contraincendios na provincia. Deste xeito, os parques da zona sur (Monforte, Sarria e Chantada) contarán cada un con 19 efectivos, mentres que os da zona norte (Barreiros, Vilalba e Viveiro) terán 21, respectivamente. Esta diferencia de profesionais débese ás melloras presentadas polas empresas adxudicatarias da xestión indirecta dos complexos. Deste xeito, o Consorcio garante a cobertura contrainendios no 90% da provincia as 24 horas dos 365 días ó ano. No norte de Lugo, as instalacións de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenden 25 Concellos e no sur as de Chantada, Sarria e Monforte prestan servizo noutros 25. De calquera xeito, as actuacións destes profesionais non se limitará ós Concellos de cobertura prioritaria, senón que tamén terán lugar fóra dos límites dos mesmos, tanto a nivel comarcal e provincial, como autonómico.
Actuacións no mes de xaneiro
Os 5 parques integrados no Consocio Provincial de Bombeiros de Lugo atenderon durante o mes de xaneiro 42 emerxencias, das que a metade foron incendios en vivendas e locais, e as restantes, principalmente excarcelacións (3), rescate de persoas (4); fugas de auga ou gas (3); incendios en contenedores (3); e incendios en vehículos (2).
A actividade por complexo o pasado mes foi a seguinte:
– O parque de Vilalba rexistrou 12 intervencións: 6 incendios en vivendas e locais (1 na Pastoriza, 1 en Xermade, en Begonte, outro en Rábade e 2 fóra do territorio adscrito); 2 excarcelacións en Xermade e Rábade; 1 rescate de persoas na Pastoriza e outras 3 actuacións (2 incendios en vehículos en Guitiriz e Rábade e 1 incendio forestal no Concello rabadense).
-Sarria, 9 intervencións: 6 incendios en vivendas (5 en Sarria en 1 en Baralla); e 1 rescate de persoas e 1 incendio nun contedor en Sarria.
– Viveiro, 8 intervencións: 2 incendios en vivendas e locais no municipio vivariense; 2 rescates de persoas tamén en Viveiro; 1 limpeza de estradas en Cervo e outras 3 actuacións de prevención en Viveiro.
– Barreiros, 7 intervencións: 5 incendios en vivendas e locais (3 en Mondoñedo, 1 en Burela e outro en Barreiros); e 2 actuacións de prevención en Barreiros e Ribadeo.
– Chantada, 6 intervencións: 3 incendios en vivendas en Chantada; 1 rescate de persoas no mesmo Concello; 1 incendio en mobiliario urbano en Carballedo e 1 escape de gas en Pantón.
Coas 42 emerxencias atendidas en xaneiro, son 382 as rexistradas dende a posta en funcionamento dos 5 parques de bombeiros o 1 de maio de 2011.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



