Celebrouse o programa número 200 de Parolando na Radio Valadouro. Durante o programa (aparte de entrevistar a varias persoas por outros temas) dedicamos o coloquio a lembrar anécdotas de Parolando e a conversar con varios invitados sobre o futuro do noso programa. Visitaron os estudos moitos amigos de Parolando e de Radio Valadouro: Milagros, Lola, Concha, Conchita, Elisa, Alberto Geada “Buyo” (o zoqueiro de Lagoa)… Tamén estiveron os colaboradores habituais: Jordi Melián, Sabela Quirós, Matías Nicieza, Agustín Fernández, Xosé de Germán… Recibimos unha manchea de mensaxes de felicitación a través de SMS e igualmente mensaxes a través de E Mail dunha chea de amigos e de antigos colaboradores de Parolando como Lionel Rexes, Jose Díaz e Ángel Vizoso. Saboreamos unha saborosa tarta da Confitería Méndez de Ferreira, regalada pola Confraría do Cristo Xacente e da Virxe das Dores de Ferreira, e brindamos por outros 200 programas máis. Foi un programa emotivo e alegre, informal e optimista.
Radio Valadouro celebra o programa número 200 de “Parolando”

Radio Valadouro celebra o programa número 200 de “Parolando”
Relacionado
-
A Área de Igualdade de Ribadeo organiza un taller de risoterapia, que terá lugar do 25 de setembro ao 2 de outubro
-
Clausurado o obradoiro dual de emprego compartido por Ribeira de Piquín, Castroverde, Pol, A Pastoriza e Riotorto
-
Aprobada unha axuda da consellería do Mar á Confraría de Pescadores de San Cibrao para a modernización de recursos tecnolóxicos