Nota de prensa
A Deputación aforrou ós Concellos 300.000 euros no último ano coa dotación de maquinaria para vías municipais
– Liquidada a débeda do canon en Taboada logo de que a Xunta de Goberno aprobase hoxe as derradeiras actuacións que supoñen un investimento total de máis de 500.000 euros
– A sesión vese na obriga de resolver un contrato e pagar 100.000 euros en expropiacións porque o anterior Goberno do PP deixou contratadas obras sen crédito nin terreos
– O Barco Muralla que visitaron 10.000 persoas en 2011 voltará a promocionar a riqueza medioambiental da provincia en multitudinarias citas grazas ós fondos europeos de Lug02
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a cesión de maquinaria para o arranxo de vías municipais de Cervantes e Portomarín por un valor total de 43.234 euros, asumidos pola Deputación e supoñendo, polo tanto, un novo aforro de custes ás arcas de ditas entidades locais. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que a dotación deste equipamento é unha nova vía de Cooperación cos Concellos posta en marcha pola institución luguesa en resposta ás demandas dos municipios para mellorar os seus servizos. Deste xeito, Martínez avanzou que, tendo en conta as actuacións acordadas na sesión deste venres, o organismo provincial aforrou, no último ano, 300.000 euros ós Concellos, dotándoos deste material.
O voceiro socialista explicou que estas adquisicións leváronse a cabo mediante distintos Plans como ó canon. É o caso de Portomarín, que conta agora cunha retroexcavadora, dotada de 21.234 euros ou de Ribas do Sil que posúe unha motobomba (152.457 euros) e un tractor (59.910 euros). Mentres, a Deputación adquiriu para Cervantes unha máquina quitaneves e varias ferramentas de obra (xerador monofástico, un martelo cicelador, unha formigoneira eléctrica, un compresor de bateria, un coitelo nivelador e unha motoserra) de 22.000 euros; así como para Negueira de Muñiz unha cuña quitaneves (20.029 euros). Estas últimas actuacións leváronse a cabo a través de convenios de colaboración, primando os efectos dos temporais durante o inverno nas comunicación de ditos municipios.
Liquidado o canon en Taboada
A Deputación liquidou a débeda do canon en Taboada coa aprobación da derradeira obra por valor de 47.000 euros na sesión de hoxe. Trátase da pavimentación e da renovación da rede de abastecemento na rúa Rosalía de Castro. Martínez subliñou que en total, mediante este Plan e tendo en conta os traballos acordados hoxe, a Deputación achegou ó municipio taboadés 538.288 euros para 7 obras que, á excepción desta última, están todas executadas. Estas consistiron no acondicionamento dos seguintes accesos: As Neves-Xián (151.891 euros), Insua-Vilar (59.358 euros), Castelo-Iber (68.467 euros), Sobrecedo de Abaixo e Sobrecedo de Arriba (43.471 euros), rúas Peizás, Polvorín, campo da festa de Vilar-Ider (35.670 euros), e As Neves-Xián -segunda fase- dende o punto quilométrico 4,000 ó 6,940 euros (132.424 euros). Tamén o respecto do canon, a Xunta de Goberno aprobou unha das últimas obras a cargo deste Plan no Parámo. Trátase do acondicionamento dos accesos en San Vicente, así como da reparación da ponte na estrada que discorre entre este núcleo rural, Pinte e Gándara, por valor de 1.600 euros. O voceiro destacou que con estas actuacións, só queda pendente acordar co Rexedor paramés o 30% dos derradeiros traballos do canon logo de rematar coa execución de obras por valor de 140.984 euro. Estas foron as seguintes: acondicionamento dos accesos de San Mamede a Reascos e da igrexa de Reascos a Pena (52.143 euros); acondicionamento dos accesos de Santa Andrea á ponte, pavimentación dos núcleos de San Andrés e San Mamede (47.760 euros); e acondicionamento dos accesos en San Vicente, Pinte e Gándara (41.081 euros).
Débedas do PP
A Xunta de Goberno acordou resolver o contrato de construción dun depósito de auga potable en Vilar de Ulloa, en Palas de Rei, por valor de 10.500 euros, ó non contar cos terreos para a súa execución “como todo o que nos quedou adxudicado do anterior Goberno do Partido Popular, caso do famoso plan de 50 millóns de euros para o que non había nin crédito nin terreos”, destacou o voceiro. Esta foi adxudicada en 2003 a cargo do POL e, “logo de 9 anos de espera”, o Concello palense non puxo a disposición da Deputación o espazo necesario para levala a cabo. Por este motivo, explicou, tamén se acordou devolver a garantía de 420 euros depositada polo contratista. Neste senso, como mostra “das habituais prácticas do PP”, Martínez informou que a Xunta de Goberno acordou o pago de 101.134 euros ós propietarios dun total de 82 fincas que tiveron que ser expropiadas polo actual Goberno provincial para poder executar as obras de mellora da estrada de Carrizal a Mocelos, na Pastoriza, que tamén deixou contratada o Partido Popular.
Polo que se refire a outras obras, aprobáronse as contas xustificativas de 18 obras do Plan de Comunidades Veciñais executadas en 14 Concellos (Barreiros, Bóveda, Burela, Castroverde, O Corgo, Foz, O Incio, Lugo, Meira, Mondoñedo, Ribadeo, Sarria, Samos e Viveiro) por valor de 274.777 euros dos que a Deputación achegou 190.764 euros.
Barco Muralla de Lugo
A Deputación reanudará a promoción da riqueza medioambiental da provincia co Barco Muralla de Lugo. A aula turística móbil voltará a estar presente nas citas gastronómicas, feiras ou festas luguesas, aproveitando a visita de centos de persoas para dar conta das Reservas da Biosfera que ocupan o 55% do territorio da provincia, os máis de 100 quilómetros de Costa, os 800 quilómetros de rutas de peregrinación que discorren por Lugo, así como a calidade dos produtos autóctonos. Para elo, a Xunta de Goberno aprobou hoxe iniciar o proceso de contratación do transporte necesario para trasladar esta “embarcación” pola provincia, por valor de 64.800 euros, procedentes dos fondos europeos da segunda parte do programa Lug02. En 2011, o Barco Muralla estivo en 16 Concellos de Lugo onde recibiu a visita de máis de 10.000 persoas. Deste xeito, participou no Arde Lucus de Lugo, na Mostra Multisectorial de Monterroso, na festa do Caldo de Osos en Taboada, na Feira do Viño de Chantada, na do Queixo de Vilalba, na de Artesanía do Ferro en Riotorto, na da Augardente en Portomarín, na das Quenda en Mondoñedo, no San Isidro Labrador en Sarria e Paradela, na da Empanada e Produtos dos Ancares nas Nogais, así como noutras citas mensuais da Pobra de San Xiao en Láncara, de Castroverde, de Guntín, de Burela e de Meira.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



