Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ PEDIU A COLABORACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS NA FASE DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM DE RIBADEO “PARA SEGUIR ADIANTE COA IDEA DE IR FACENDO MÁIS VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL NESTE CONCELLO”. AGUSTÍN HERNÁNDEZ E O ALCALDE PRESIDIRON ESTA MAÑÁ O ACTO DE ENTREGA DE 29 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA AOS SEUS ADXUDICATARIOS.
Ribadeo, 24 de febreiro de 2012. O salón de plenos do Concello acolleu o acto de entrega de 29 vivendas de promoción pública aos seus adxudicatarios. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pediu a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras na fase de aprobación definitiva do PXOM, “para seguir adiante con esta idea de ir facendo máis vivendas de protección oficial neste concello”.
O acto estivo presidido por Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras; por Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo; e polo director xeral de Vivenda, Antonio Boné.
No seu discurso o rexedor lembrou que o Concello puxo a disposición da Xunta hai anos o terreo no que se levantaron estas vivendas. Fernando Suárez sinalou que “vimos de concluir aquí unha carreira que se iniciou no ano 2005 a través dunha proposta realizada polo grupo ao que eu pertenzo. E sintetizando aquel parágrafo dun par de folios de motivacións diciamos que unha das políticas principais da intervención pública das diferentes administracións é a de favorecer o acceso á vivenda digna e de calidade e a prezos razoables, sobre todo a aqueles que dispoñen de menos recursos”. O rexedor explicou que “para iso o Concello daquela ofreceu unha das poucas, por non dicir a única propiedade patrimonial da que dispoñía, unha parcela de 505 metros cadrados, proxecto dunha xestión urbanística dun planeamento anterior. Decidimos poñelo a disposición da Xunta para que levara adiante o que hoxe é unha realidade. En marzo de 2007 o goberno galego naquel entón, a través da Consellería de Vivenda, colleu o guante, licitou as obras e foi convertindo en realidade aquel proxecto. Por mandato democrático o novo goberno autonómico, do que Agustín Hernández é conselleiro, recolleu o testemuño daquelas obras en fase de remate e continuaron dándolle o impulso necesario para chegar a onde hoxe estamos”.
O alcalde ribadense sinalou que “cando as administracións traballamos con coordinación, máis aló das lexítimas discrepancias temos e teremos sobre cómo interpretamos a vida e a sociedade, cando deixamos iso a un lado e nos poñemos de acordo saen cousas moi potentes como ésta”.
Fernando Suárez dixo ser coñecedor “porque o vivimos en primeira persoa, da situación económica pola que estamos a pasar as administracións e a sociedade, pero iso non debe evitar que sigamos tentando facer cousas en conxunto. No ámbito da vivenda queremos seguir poñendo a disposición máis terreos para vivendas de protección oficial. Sabemos que mentras non existan instrumentos de planificación supramunicipal é necesario ter o PXOM aprobado”. O rexedor subliñou que “Ribadeo ten que aprobar dito plan e o PEPRI canto antes, estamos tomando esta tarefa con determinación entre todos os grupos que formamos parte da Corporación e pedímosche a ti, expresamente, Agustín, que as áreas da túa xestión implicadas na aprobación definitiva do PXOM se impliquen tamén positivamente ao igual que o fixeron neste proceso que hoxe estamos rematando para telo canto antes e que, entre outras vantaxes, nos permita obter recursos para seguir adiante con esta idea de ir facendo máis vivendas de protección oficial”.
Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras manifestou que poucos actos son tan agradecidos coma o desenvolvido hoxe en Ribadeo, a entrega de 29 vivendas as seus adxudicatarios. Agustín Hernández lembrou o investimento realizado pola Xunta neste proxecto e outras actuacións desenvolvidas no concello e indicou que “é certo, herdamos actuacións de gobernos anteriores dentro da normalidade democrática de calquera país, rematamos esas actuacións porque é a nosa obriga, e tamén é a nosa obriga dentro desta situación complicada que existe, manter a actividade pública das administracións”.
O conselleiro anunciou que “imos escomezar actuacións, traballaremos co Concello de Ribadeo neses plans xerais para poder ordear convenientemente este concello e iniciaremos obras moi importantes como é a mellora do núcleo de Rinlo e como é ese abastecemento de agua que é imprescindible, temos un compromiso firme que se concretará ao longo deste ano para iniciar esa mellora e incremento de garantía do abastecemento neste concello”.
Ao acto que se desenvolveu esta mañá asistiron varios membros da Corporación Municipal ribadense ademáis dos adxudicatarios das vivendas.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



