Nota de prensa
A Deputación atende unha media de 2.400 consultas municipais ó ano aforrando custes aos Concellos
– Valiño fixo este balance na última reunión informativa con Alcaldes e empregados públicos da provincia para explicarlles as novas liñas de cooperación ás entidades locais do organismo lugués, celebrada hoxe en San Marcos
– No encontro participaron medio centenar de representantes de 39 Concellos das comarcas de Lugo, A Montaña, Terra Chá, A Ulloa e Sarria
O servizo de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo atende unha media de 2.400 consultas ó ano dos 66 municipios da provincia –todos agás o da capital, que xa ten este servizo-, o que aforra numerosos custes ás arcas municipais, xa que non teñen que acudir a un servizo de asesoramento externo. O Deputado delegado desta área provincial, Juan José Díaz Valiño, ofreceu este dato con motivo da última reunión informativa con Alcaldes e empregados públicos para explicarlles as novas liñas de cooperación ás entidades locais do organismo lugués, celebrada este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. No encontro, no que estivo tamén a Deputada de Economía e Facenda, Pilar García Porto, participaron medio centenar de representantes de 39 Concellos, pertencentes ás comarcas de Lugo, A Montaña, Terra Chá, A Ulloa e Sarria. Os novos servizos dos que disporán desde esta semana as administracións locais son asistencia en materia económico-financeira e un fondo de documentación xurídica on line, ó que teñen acceso dende a páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.org)
O Deputado de Cooperación fixo balance do seu departamento en 2011 indicando que, xunto ás preto de 2.400 consultas municipais atendidas por teléfono, os traballadores deste servizo realizaron 37 informes para 27 Concellos, vinculados por exemplo con asuntos urbanísticos, de responsabilidade patrimonial, de incidencia ambiental, e de inicio ou ampliación de actividades económicas. Así mesmo, durante o pasado ano o organismo provincial prestou asistencia xurídica en 121 preitos de 32 entidades locais, tanto contencioso administrativos, que foron a maioría (112 de 30 Concellos), como en materia civil (7 de 6 municipios) e penal (2 de outros tantos Concellos).
Grazas á posta en marcha do servizo de Cooperación e á súa posterior descentralización, os técnicos provinciais desprázanse ós municipios, ofrecendo asesoramento in situ e personalizado a todas Administracións locais que así o soliciten. Os traballadores da Deputación realizan plans integrais de ordenación de persoal, de funcionarización, de consolidación ou oferta de emprego, evitando que os Concellos teñan que recorrer a unha empresa privada. Por exemplo, só coa elaboración dunha relación de postos de traballos, a Deputación aforra unha media de 50.000 euros ós municipios. Para un Concello coma Sarria, esta cantidade pode ascender ós 100.000 euros, mentres para o de Muras este custe redúcese á metade. A maiores, a área de Cooperación resolve dúbidas xurídicas, económico-financieiras ou de recursos humanos sobre diferentes contidos tales como urbanismo, responsabilidade patrimonial, seguridade social, contabilidade, orzamentos municipais…
Novos servizos
As novas liñas de asistencia que a Deputación pon en marcha esta mesma semana potenciarán o traballo en rede cos municipios da provincia, e repercutirán “nun importante aforro de custes para as arcas locais, nunha maior axilidade administrativa e nunha racionalización dos seus recursos”, recalcou o Deputado de Cooperación. En canto á asistencia en materia económica-financeira ábrese “porque a consideramos transcendental para o equilibrio e sustentabilidade das arcas municipais, nun contexto de máximo rigor económico e no que cada vez se lles esixe ós Concellos que cumpran con máis requisitos, cando están escasos de recursos”. Entre as vantaxes deste novo servizo, Díaz Valiño destacou que, “ademais de axudarlles a cumprir co principio de legalidade, facilitaremos que os Concellos aforren custes, evitándolles que teñan que contratar empresas externas; gañen axilidade, ó liberar deste tipo de labores ós seus empregados municipais; e optimicen recursos, pois farémoslles estudos de custes para determinar como resulta máis viable ou como poden aforrar nun determinado servizo público, tales como os de recollida de lixo, subministro de auga, alumeado, axuda a domicilio…” Engadiu así mesmo que os Concellos garantirán achegas autonómicas e estatais, pois “axudarémoslles a que teñan as contas ó día, e que estean correctas, de xeito que se axustarán ós prazos de fiscalización que deben cumprir para poder recibir axudas da Administración galega e central”.
Polo que respecta ó portal web de servizos xurídicos, Díaz Valiño explicou que cada un dos municipios ten un usuario e unha contrasinal para que os empregados públicos habilitados accedan dende a páxina http://cooperacionconcellos.deputacionlugo.org, pinchando no apartado Servizos en Liña para os Concellos, a un “gran fondo de documentación on line dispoñible as 24 horas do día e os 365 días do ano, no que, cun só click, poderán consultar ditames, novidades lexislativas, sentenzas, ordenanzas e regulamentos, bases de datos xurídicas, dúbidas sobre a linguaxe xurídica galega, etc., o que redundará nunha maior axilidade e eficacia da administración e da súa relación cos cidadáns”, afirmou o Deputado. Ademais de toda esta información, os Concellos contan neste portal web coa posibilidade de facer consultas particulares. Este sistema garante celeridade na formulación e na contestación das consultas, pois os Concellos poden plantexar as dúbidas que se lles presenten e recibir unha resposta individualizada sen as formalidades que se esixen para os ditames ou informes.























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



