Nota de prensa
RAQUEL ARIAS DESTACA QUE MÁIS DE 330 AGRICULTORES E GANDEIROS DE RIBADEO, A PONTENOVA E TRABADA BENEFÍCIANSE DE PRETO DE 2,7 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS DIRECTAS DA PAC
A delegada territorial da Xunta indicou que o feito de anticipar os abonos ao comezo do prazo, supuxo que Medio Rural xa ten transferido practicamente o 100% dos pagos
Lugo, 5 de marzo de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), ordenou nas últimas semanas a transferencia de 2.638.949 euros en pagos dos que se benefician 332 agricultores e gandeiros dos tres concellos máis orientais da comarca da Mariña, Ribadeo, A Pontenova e Trabada. Así o indicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que expuxo que estas partidas corresponden a varias axudas directas da Política Agraria Común (PAC) a explotacións agrogandeiras, solicitadas e financiadas polo Fondo Europeo Agrario de Garantía (FEAGA).
Esta cifra é o resultado da suma das partidas abonadas no mes de outubro como anticipo (máximo 50% da axuda do pago único) máis as achegas realizadas por axudas directas formalizadas entre o remate do pasado ano e o inicio do presente. O feito de anticipar os pagos ao comezo do prazo “supuxo que a Consellería do Medio Rural e do Mar xa teña practicamente efectuado o 100% dos pagos directos da PAC”, significou Arias.
Contía principal
O pago máis importante realizado é o correspondente ao réxime de pagamento único por explotación, desligado da produción, que se ven aplicando desde o ano 2006, e que, en concepto de anticipo máis saldo, supuxo nos concellos de Ribadeo, A Pontenova e Trabada un importe de preto de 2 millóns de euros (1.902.457,64 euros). Neste sentido, compre subliñar que a partida máis importante corresponde a recibida en Ribadeo, posto os 160 agricultores e gandeiros beneficiarios desta achega recibiron 975.195 euros.
Tamén se realizou o pago adicional no sector lácteo, unha achega que ten por obxectivo ten por obxectivo a mellora da calidade do leite producido nas explotacións e da que se beneficiaron, respectivamente, 22 gandeiros (de A Pontenova), 79 (Ribadeo) e 52 (Trabada) que recibiron un importe total de 147.630,59 euros.
Así mesmo, 21 produtores de leite do concello de A Pontenova perciben un pago específico para compensar as desvantaxes específicas que lles afectan por producir nunha zona considerada como economicamente sensible desde o punto de vista medioambiental, unha consideración que se corresponde con zonas de montaña ou do seu entorno. A axuda que agora reciben estes gandeiros de leite supón un total de 38.777,04 euros.
Ademais veu realizándose, excepcionalmente, o pagamento dun anticipo do 80% da prima por vaca nutriz, autorizado pola Comisión Europea no pasado mes de agosto. Deste anticipo benefícianse 54 produtores de carne de vacún dos tres municipios referidos, que dispoñen dun importe de 190.776,62 euros.
Acortamento do período de pagamento
Estas axudas da PAC baséanse nos dereitos de pagamento único, nas superficies e parcelas cultivadas, nos animais e na cota láctea. O feito de anticipar estes pagos supuxo axilizar o plan de controis administrativos e sobre o terreo, dobrando os esforzos na execución dos devanditos controis. Isto permitiu, de forma extraordinaria, que nesta campaña se acurtara o período de pagamento establecido pola Unión Europea (que, na presente campaña, vai dende o 1 de decembro do ano 2011 ata o 30 de xuño do 2012).
Este acortamento do tempo, materializando os pagos coa maior antelación, dentro do prazo estipulado, permite, segundo concluíu a delegada territorial que “os gandeiros dispoñan de maior liquidez para optimizar o rendemento das súas explotacións, unha prioridade do apoio do Goberno galego ao sector”.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



