CAMBIO CLIMÁTICO
Editado pol
a Fundación BBVA, para a súa colección Conferencias Magistrales, acaba de saír do prelo o lbro “¿Hablamos de cambio climático?” do que é autor o científico, de fondas raíces focegas, Sergio Alonso Oroza, licenciado e doutor en Física pola Universidade de Barcelona , catedrático de Meteoroloxía da Universidade de Illas Baleares, da que foi Vicerrector, toda unha personalidade no mundo da especialidade e investigador do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados. Presidente da Comisión de Ciencias para a Acreditación Nacional de Profesores Titulares de Universidade, membro da representación española na Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, e do Consello Nacional do Clima. É membro da Real Academia de Ciencias e das Artes de Barcelona e preside a sección de Metereoloxía e Ciencias da Atmósfera da Comisión Española de Geodesia e Geofísica.
Sergio Alonso, focego de orixe e de corazón, un dos mais insignes persoeiros españois no campo da metereoloxía e a climatoloxía, ocupa con frecuencia as mais prestixiosas tribunas europeas, nas que deixa a impronta dos seus recoñecidos saberes e das súas investigacións.
O libro “¿Hablamos de cambio climático?,” aínda tratándose dun manual científico, resulta engaiolante para o lector, mesmo para quen nos confesamos profanos na materia, dada a claridade da exposición, a súa amenidade descriptiva e a aplicación dunha terminoloxía ó alcance de toda persoa non introducida na dialéctica científica. Esa foi a nosa experiencia coa lectura que nos resultou placenteira e que permitíunos coñecer un anaquiño mais deste fenómeno que tanto preocupa á sociedade actual.
Sergio Alonso Oroza, que conta en Foz con familiares e amigos, membro da numerosa saga descendente de Manuel Oroza, o vello sacristán entrañable da nosa nenez visita, de cando en vez, o amado pobo da súa estirpe, sempre con ledicia e fonda satisfacción, aínda que con menos frecuencia da que os seus amigos quixéramos. Parabéns.
Suso Fernández


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



