Nota de prensa
A Festa do Ourizo volveu demostrar a súa capacidade de atracción turística
-Algúns locais chegaron a servir 500 racións de ourizo durante a xornada
-O goberno local destaca o potencial dinamizador desta festa para os hostaleiros e a gastronomía local así como o sector turístico e a vila de San Ciprián.
Cervo, 12 de marzo de 2012-A XXI Festa do Ourizo de San Ciprián foi, un ano máis, un éxito de participación segundo o balance feito polo goberno local despois da súa celebración. O día de sol e a temperatura agradable tamén contribuíron a atraer a cervenses, turistas e visitantes ata a vila para gozar desta cita gastronómica de Interese Turístico Galego. Un total de 13 bares e restaurantes prepararon e cociñaron o ourizo durante todo o día e comprobaron como os seus pratos tiñan moi boa acollida. De feito, houbo locais nos que se chegaron a servir unhas 500 racións durante a xornada. “O ambiente festivo respirouse en cada recuncho de San Ciprián, tanto polas rúas como no interior dos establecementos hostaleiros” asegura o alcalde, Alfonso Villares.
Unha festa que volveu demostrar que “ten unha capacidade de atracción turística moi relevante que nos permite potenciar un produto típico, poñer en valor a calidade da nosa gastronomía, a valía dos cociñeiros e hostaleiros locais e, por suposto, dar a coñecer San Ciprián como destino turístico”, engade o rexedor cervense.
Centos de persoas se achegaron ata a vila para degustar as decenas de propostas culinarias dispoñibles. “La amplia variedad de recetas preparadas por los establecimientos tuvieron mucho que ver en el éxito de esta fiesta” asegura a edil de Turismo, Begoña Alonso. De feito, cada local ofreceu numerosos pratos “y cada carta multiplicada por 13 locales participantes dio lugar a un gran abanico de posibilidades para degustar el erizo” engade Alonso.
A vixésimo primeira edición desta festa comezou coas Xornadas Técnicas, inauguradas pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e clausuradas polo conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, autoridades que tamén formaron parte do xurado do Concurso Gastronómico. Foron 6 os establecementos que presentaron as súas propostas neste certame, no que concorreron 11 pratos (dous como máximo por local). “La decisión fue difícil y el jurado, después de probarlos todos, necesitó tiempo para deliberar” explica a edil de Turismo, “lo que demuestra la creciente especialización de nuestros hosteleros en la preparación del erizo y su implicación por innovar y sorprender año tras año”.
Os establecementos gañadores foron A Bodega e o Restaurante Buenavista. No caso de A Bodega, as dúas receitas que entraron en concurso resultaron galardoados co primeiro e o terceiro premio. “Ourizo e mar” foi elixido o mellor prato, levando 90 euros de premio e unha figura conmemorativa. “Ovo frito” era a outra proposta deste mesmo local, que conseguiu o terceiro premio consistente en 30 euros e a figura. En canto ao Restaurante Buenavista, o seu “Timbal de bacallau e ourizo” foi distinguido co segundo premio, dotado de 60 euros e unha figura.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



