Nota e prensa
O Concelleiro de Obras, Medio Rural e Pesca do Concello de Foz , Pedro Fernández Manín, ven de anunciar que abrigada de obras do concello está a facer traballos na nave de multiusos no Polígono Industrial de Fazouro, para poder instalarse esta alí; obras paras que o Concello terá que facer un gran esforzo e destinar preto de 115.000,- euros según informe técnico para que a planta baixa poida ser utilizada por esta brigada de obras ou poder albergar unha escola taller ou centro ocupacional. Isto ben a demostrar que o anuncio do Sr. Rivera antes das eleccións de que xa se podía trasladar para ela este persoal non era verdade; a verdade é que nesta infraestrutura xa vai invertido mais de 800 mil euros, ademais dos traballos de agora. Gustaríame que os Veciños responderan a seguinte pregunta. ¿Custaría tanto si se fixera un proxecto e se contratara a súa construción a unha empresa exterior?
Fernández Manín sinalou que tamén se arranxou o pozo de bombeo situado nas Polas en Nois, do que se extraeron preto de 15 Tm. de area. Este foi feito por administración con persoal do concello e do que o goberno anterior que dirixía o Sr Rivera coñecía as súas deficiencias, polo que non o puxeron a funcionar; igualmente ocorre co traída de auga da Ermida ( San Martiño) que foi feita da mesma forma e incluída no POS do ano 2007. Obra que se rematou no ano 2010, e o deposito xa ten fugas e non conten a auga. O goberno que dirixe Javier Jorge Castiñeira xa solicitou a Gestagua informe do estado do mesmo e presuposto para picando do formigón e aplicación novamente de mortero hidrófugo e impermeabilizándoo de novo para pode dar servizo aos veciños da zona novamente..
Esta mesma concellería solicitou por escrito ao Sr. Alcalde que despois dos informes pertinentes se proceda o aumento do limite de peso na estrada que da servizo ao barrio de Vilasindre en Cangas de 8 T a 15 T, para así non estar infrinxindo por parte do Concello este limite ao recoller o lixo do citado barrio .
Por outra banda Fernández Manín mostrou a súa congratulación pola preocupación que mostra o PSOE de Foz sobre o estado da estrada Bispo Santo a canteira, si ben estes baches non son de agora nin a primeira vez que está así, de todas formas anuncia que neste mesmo mes espera que sexa adxudicado o seo arranxo pola SPI.






















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



