O CONCELLO PON EN MARCHA O “CONCURSO LETRAS GALEGAS 2012”
O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o CONCURSO LETRAS GALEGAS 2012. Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a VALENTÍN PAZ ANDRADE, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
BASES DO CONCURSO
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poderán optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
-Escribir un relato ou conto: de tema libre.
-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de VALENTÍN PAZ ANDRADE
No Concurso Literario poderán participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de preescolar de 3, 4 e 5 anos están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:
-Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
-Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de VALENTÍN PAZ ANDRADE.
As técnicas a empregar tanto en debuxo como en cómic, quedan á elección do autor, podendo empeñarse mesmo o “collage”.
-Lóxicamente, e non podería ser doutra maneira tratándose dun Concurso adicado ás Letras Galegas, o idioma empregado en tódolos traballos presentados será obrigatoriamenente o galego.
-Os traballos deberán presentarse en folios, tamaño A4, por unha soa cara, figurando na parte posterior dos mesmos, ousexa, na cara que queda en branco, o nome e apelidos, idade, curso e colexio ou instituto do participante.
-En calquer dos dous concursos, cada traballo que se presente non poderá ocupar máis de dous folios por unha soa cara. En ningún caso se poderá realizar o traballo (poesía, redacción, debuxo, cómic, etc.) polas dúas caras dun mesmo folio.
-Calquer participante poderá participar nas modalidades que desexe, ousexa, poderá presentar máis dun traballo, podendo participar, por poñer exemplo, cunha poesía, cunha redacción, cun debuxo e cun cómic. Non hai límite, xa que o que a organización pretende é que se realice o maior número de traballos posible.
– A recepción dos traballos, que haberá que entregar obligatoriamente na Biblioteca Municipal de Xove, rematará o VENRES 4 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS.
-Os cursos participantes neste Concurso, son: 3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria, 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de ESO e 4º de ESO. A Organización otorgará tres premios (un primeiro, un segundo e un terceiro) por curso para cada un dos Concursos; polo tanto, para cada curso haberá 6 premios (3 para o Concurso Literario e 3 para o de Artes Plásticas), agás para os de preescolar (nenos/as de 3, 4 e 5 anos), que terán 3 premios por curso, dado que só poden participar no Concurso de Artes Plásticas.
O fallo do Xurado será dado a coñecer oportunamente para que os premiados poidan acudir á entrega dos premios, os cales consistirán en DIPLOMA ACREDITATIVO e un LOTE DE LIBROS/MATERIAL ESCOLAR. A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do Centro Cívico no dia e hora que a Organización decida, tendo esta que comunicalo coa suficiente antelación.
Remitido





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



