“MONDOÑEDO UNIDO” SOLICITA UNHA REUNIÓN COA CORPORACIÓN MUNICIPAL
A plataforma de asociacións, culturais, deportivas, veciñais e profesionais de Mondoñedo solicitoulle ao alcalde de Mondoñedo unha xuntanza que a ser posible se celebrará o vindeiro venres, día 4 de maio no Salón de Pleno do consistorio mindoniense para que os representantes municipais informen á cidadanía a través das asociacións da situación actual das conversas cos representantes da Consellería de Industria e das empresas que ofrecen proxectos de instalacións de industrias no municipio mindoniense, tanto no polígono industrial dos Xiros coma nas intalacións de ECAR-FINSA.
RELACION DE ASOCIACIÓNS INTEGRADAS NA
PLATAFORMA “MONDOÑEDO UNIDO”
1) Aso. “Abrindo Camiño” de Amigos do Camiño Norte de Santiago
2) Aso. “Amigos da Cidade de Mondoñedo”
3) Aso. ACIAM Comerciantes Industriais e Autonomos de Mondoñedo
4) Aso. de Amas de Casa “Sendeiriña”
5) Orfeón da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo
6) Aso. de Productores de Madeira PROMAMON
7) Motoclube Mondoñedo Ruta N-634
8) Aso Veciñal da Parroquia do Carmen
9) Aso. Veciñal da Parroquia de Viloalle
10) Rondalla “O Pallarego”
11) Aso. Cultural “Mundo de Galea”
12) Aso. Veciñal da Parroquia de Oirán
13) Espeleoclube “Rei Cintolo”
14) Aso. de Mulleres Rurais “Orballo”
15) Aso Cultural “O Pasatempo”
16) Aso Cultural “Pena do Golpe”
17) Aso. Deportiva Mondoñedo Ciudad
18) Aso da Terceira Idade “Solidaridade”
19) Aso Veciñal da Parroquia de Sta. Maria Mayor
20) Aso. Monte Mano Común “Carracedo, Rioseco e Chao das Louseiras”
21) Aso. Veciñal da Parroquia de Masma
22) Aso de Produtores “Hortamariña”
23) Motoclube Enduro Mondoñedo
24) Aso. Xuvenil “Xoldra”
25) Aso. Veciñal da Parroquia de Lindin
26) Aso. Veciñal de Os Remedios
27) Aso. de Artesáns dos Muiños
28) Aso. Cultural e Deportiva “Mira e Anda”
29) Aso. Cultural Excursiones Amistosas.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



