Page 1
Secretaría Xeral
Negociado.02
A todos os membros da Corporación Municipal dos Grupos
BNG,PP,UPRI e PSOE. e
Sra. Interventora municipal.
NOTIFICACIÓN DE CONVOCATORIA DE SESIÓN PLENARIA
O Sr.Alcalde-Presidente usando das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 por Decreto desta data resolveu convocar ao
Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa, sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os
que se indican:
PLENO
ORDINARIO
LUGAR: Casa do Concello.
DATA:
14 de maio de 2012.
HORA: 20,00 horas.
O que notifico a Vé. de orde do referido Sr.Alcalde para que concurra á sesión e, no caso de non poder asistir, se excuse
xustificadamente coa anterioridade oportuna ante a Alcaldía, co fín de non incurrir nas sancións do art. 78 da Lei 7/1985, de 2 de abril. Espero
da súa atención se sirva devolverme o duplicado da presente co seu recibín, para constancia.
Ribadeo, 10 de maio de 2012.
O SECRETARIO ACCTAL.
Asdo./ JOSÉ RODIL VEIGA
ORDE DO DIA
1.- Aprobación se procede das actas das sesións anteriores Ordinaria de 23 de marzo de 2012 e extraordinarias e urxentes de datas 28 de
marzo e 19 de abril de 2012.
2.-
Concertación de préstamo ao abeiro do Real Decreto 4/2012.
3.-Aprobación inicial da Ordenanza fiscal P3 polo prezo público pola venda de libros, publicacións, material promocional e pola realización de
actividades, xornadas, seminarios, cursos ou similares.
4.-Aprobación inicial da Ordenanza Fiscal G1 reguladora da concesión de aprazamentos e fraccionamentos de débedas tributarias e demáis de
dereito público do Concello de Ribadeo.
5.- Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local). Dacion de conta de
decretos da Alcaldía. Mocións. Rogos e Preguntas.
Page 2
Mocións:
1.-Moción do BNG en relación a protección de persoas afectadas por participacións preferentes.
2.-Mocion do BNG contra a reforma laboral.
3.-Moción do PSG-PSOE sobre situación de seca e emerxencia.
4.-Moción do PSG-PSOE sobre o entorno da Praia de As Catedrais.
5.-Moción do PP sobre os custos derivados da tarifa eléctrica e o apoio á competitividade da empresa Alcoa en Galicia.
6.-Moción do PSG-PSOE sobre retirada do RD 16/2012 sobre gastos sanitarios.
7.-Moción do BNG sobre o mantemento do servizo de axuda no foga























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



