Foiche cousa do ladrillo.
Non deixa de ter o seu aquel que xusto o ladrillo fora quen de defenestrar ao señor Rodrigo Rato. O (ex)flamante ministro de economía do señor Aznar que puxo en marcha a gloriosa cruzada da recuperación e do crecemento (sen fin?!); o (ex)escintilante director do FMI que ao longo dos seus anos de mandato daba brillo á canteira dos grandes estadistas e gurús da economía hispana mundo adiante; o (ex)garrido director de Bankia que semellaba querer comer o mundo enteiro das finanzas españolas (caixa por aquí, caixa por alá…); en fin, o flamíxero banqueiro Rodrigo Rato, o mesmo que lles ía mostrar a cántabros, vascos e cataláns o que era bo, acabou sendo esmagado polo muro de ladrillos que tan dilixentemente puxera en pé ao longo do seu ministerio como bruxo das finanzas. It was the brick, stupid!, co permiso do señor James Carville.
Este muro de ladrillos chantóuselle nos fociños, de súpeto, como todo derrubamento, na forma de créditos de dubidoso cobro e peor encaixe contábel. Ben: de socato non, que así e todo, os intentos de camuflar eses activos que dan en chamar tóxicos foron variados e a cada cal máis imaxinativo. Pero ao remate, alguén petou na mesa e dixo que non, que non podía ser, que non se podía seguir xogando ao trivial admitindo polbo como mamífero e animal de compañía. Éche unha mágoa que non se puxera a mesma dilixencia para evitar a usurpación a golpe de pegada dixital dos aforros de moita xente baixo a fórmula de accións preferentes.
Os mesmos que sentaron as bases do modelo económico que nos trouxo ata esta situación son os que agora nos queren sacar da crise. E pretenden facelo aplicando as mesmas receitas: liberalizándoo todo (nos 90 foi o chan para edificar ao chou). Pero tampouco debemos esquecer que do 2004 a finais do 2011 houbo outro goberno que nada fixo por endereitar o rumbo. Deixouse levar pola bonanza económica. O mesmo PSOE ten recoñecido ese erro. Tarde piaron. Tan tarde, que os seus compañeiros da Deputación Provincial de Lugo non se decataron a tempo e acabaron apoiando un plan que vai supoñer pagar con diñeiro público a dotación de servizos que deberían ter feito os promotores de varias urbanizacións de Barreiros. E iso que algúns membros do partido na zona, e con outras responsabilidades institucionais, téñenos advertido da situación. Pero como se nada, oes, que xa na oposición terán tempo de admitir que foi un erro.
E así lles vai a cousa. Agora, ademais, co espectáculo da salvación do político-banqueiro Rato. A culpa foilles toda de MAFO (o gobernador do Banco de España); Rato pasaba por alí; e quen se lembra de Miguel Blesa, o anterior presidente de Caja Madrid? Esperanza Aguirre e Gallardón estábanche moi ocupados co das Olimpíadas. E que terá que ver a xestión da CAM por parte de José Luis Olivas con todo isto? Por suposto, Camps estaba a tomar as medidas doutro traxe. Imaxina alguén onde estaría NCG Banco se lle fixeramos caso ao señor Ordoñez (MAFO)? Se llo fixeramos tamén ao señor Cristóbal Montoro, coidadiño? Que cada pau terme da súa bela. Están pillados. E dan vergoña. Por iso tanto espectáculo: para marear o peixe e aparentar que fan e fan… e todo segue igual. Para cando unha comisión de investigación para saber o que esta xentiña fixo cos nosos aforros? Que os xestores das caixas (tamén as galegas, señor Feijoo) rendan contas ante a sociedade; e se se derivaran responsabilidades penais, ante a xustiza.
Farruco GRAÑA


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



