A Deputación de Granada considera modélica a plataforma de comercio on line de Lugo e estuda implantala na súa provincia
– Técnicos da Deputación granadina visitaron a institución luguesa para coñecer de primeira man o potencial que ofrece a primeira plataforma provincial de comercio electrónico
– A delegación andaluza tamén visitou algunha das firmas de www.losproductosdelugo.com para escoitar as positivas valoracións que estas empresas fan da súa adhesión á plataforma
– Esta iniciativa de venda na Rede contribúe decisivamente ó desenvolvemento da economía lucense, abrindo novos mercados ás empresas, mantendo empregos e fixando poboación no rural
Unha delegación procedente da Deputación de Granada e formada por Vicente Muñoz Saldaña, Xefe do Servizo de Promoción Económica e Ignacio Rosales Zabal, técnico da Área de Promoción Económica, achegouse ata a institución luguesa para coñecer de primeira man o funcionamento e as posibilidades que ofrece a primeira plataforma de comercio electrónico da provincia, www.losproductosdelugo.com, coa idea de implantar un proxecto que consideraron “modélico” na súa provincia.
A Deputación de Lugo puxo en marcha este proxecto como parte dun plan de medidas que contribúen de forma efectiva á vertebración do tecido produtivo e das empresas que carecen de medios para comercializar os seus produtos a través da rede, especialmente as situadas nas Reservas da Biosfera lucenses de Terras do Miño e Ancares. Esta iniciativa conta co apoio do Ministerio de Medio Ambiente, que financia ó 66% os proxectos de potenciación destes territorios protexidos. A Deputación de Granada atópase nun proceso de análise co fin de adoptar medidas que potencien, tal e como é o caso das que hai tempo ven aplicando a Deputación de Lugo, o desenvolvemento e impulso económico da provincia.
A delegación granadina concentrou o seu análise na plataforma propiamente dita, profundizando non só na funcionalidade da mesma, senón tamén no contexto no que naceu esta plataforma; amosaron o seu interese polo proxecto Innov@TE, financiado ó 70% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional e grazas ó cal se desenvolve esta iniciativa e quixeron coñecer en primeira persoa a algún dos produtores da provincia que xa se sumaron a Los productos de Lugo, para que eles mesmos lles relaten os beneficios aportados ós seus negocios pola plataforma.
Os técnicos granadinos estiveron a primeira hora da mañá nas oficinas do Departamento de Novas Tecnoloxías do Pazo de San Marcos, onde foron recibidos polo seu Director, Pablo Rivera Capón, quen lles ofreceu unha ampla información de carácter técnico sobre o funcionamento e a estratexia que soporta esta web. É destacable o feito de que a Deputación de Granada puxera a súa ollada nesta plataforma, xa que as súas características poden ser exportables a dita provincia:
– o seu carácter integrador co tecido produtivo local, ó ser un único puntos de acceso para a oferta de produtos autóctonos para aquelas empresas que non abordaran xa ou ben teñan dificultades para a comercialización da sús produción a través de Internet.
– O papel da plataforma como elemento potenciador e dinamizador dos produtos autóctonos da provincia.
– A proxección que a plataforma outorga as empresas lucenses, ó darlles unha maior visibilidade
– A facilidade que supón para as empresas o proceso de adhesión.
A axenda completouse con visitas a algún dos produtores sumados a esta iniciativa para escoitar en primeira persoa as positivas valoracións que estes fan da repercusión que para os seus negocios tivo a súa adhesión ó comercio on line. Tal é o caso de “Jamones González”, firma adicada a elaboración de produtos cárnicos derivados do porco, radicada no Corgo. Alí, os seus responsables relataron como, tras sumarse á iniciativa posta en marcha polo organismo provincial lucense, recibiron un milleiro de visitas a través da web, converténdose nunha das firmas que máis pedidos cubre.
A outra parada foi en “Tiempo y Paciencia”, empresa situada no Concello de Becerreá que relatou ós técnicos granadinos como, grazas a www.losproductosdelugo.com, os licores que elabora ampliaron os horizontes da súa promoción e distribución, chegando ata recunchos da xeografía española, coma Madrid ou Málaga, subministrando a prestixiosos restaurantes de toda España.
A primeira plataforma de comercio on line da provincia
A Deputación de Lugo abriu novos mercados nacionais e internacionais ás pequenas e medianas empresas da provincia grazas á plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com, que o organismo provincial puxo en marcha con fondos europeos. Este primeiro centro comercial virtual de Lugo conta, un ano despois da súa posta en marcha, cunha variada oferta de produtos e servizos dos sectores agroalimentario, hostaleiro, artesán, téxtil, óptica e ocio, aínda que a capacidade de firmas é ilimitada.
Con esta iniciativa, a institución luguesa contribúe por medio das novas tecnoloxías ó desenvolvemento económico de Lugo e á promoción das empresas, abríndolles unha nova canle de venda dos seus produtos e servizos, o que axuda ó incremento do volume de beneficios, da competitividade e o mantemento de postos de traballo. As firmas teñen deste modo un espazo para anunciarse, vender e distribuír os seus produtos as 24 horas do día os 365 días do ano. Ofrece ademais por vez primeira unha imaxe de marca dos produtos de Lugo de cara ó exterior, independientemente do proveedor que os ofreza.
Na plataforma figura unha completa información sobre os produtos á venda- prezo, características e unha fotografía-, pero tamén das empresas proveedoras, pois se inclúe unha ficha de cada unha na que figura a súa páxina web, localización en Google Maps e oferta de todos os seus produtos. As empresas que conseguiron a marca Lugo Sabe, creada pola Deputación para poñer en valor os produtos autóctonos, contan cun acceso directo dentro da web, ó igual que a plataforma da Asociación de Mujeres Empresarias. Tamén hai un apartado específico cos produtos máis vendidos e outro de ofertas, xunto a unha sección con novas sobre a propia plataforma, así coma un blog.
Compra sinxela e rápida
Os usuarios poden acceder á plataforma a través de www.losproductosdelugo.com, onde atopan un catálogo de produtos de alimentación, artesanía, moda, servizos de ocio ou óptica, entre outros. O mecanismo para comprar é rápido e sinxelo: elexir o produto, incorporallo á cesta da compra pulsando sobre a imaxe do carriño e tramitar o pedido elixindo a forma de pago. As transaccións se realizan mediante unha conexión totalmente segura que garante a privacidade dos datos do comprador, o que ten a posibilidade de rexistrarse coma clientes, o que lles permitirá facer dun xeito máis sinxelo as dúas futuras adquisicións. Sin obriga de facer un pedido mínimo, o comprador consulta un único catálogo de produtos, realiza un único pago e recibe as súa compra nunha única entrega, algo totalmente innovador no mercado. O seu pedido é entregado nun mínimo de 48 horas no enderezo indicado, tendo ademais a posibilidade de coñecer en calquera momento a situación do pedido en curso.
Gran potencial de crecemento
En España, o 17,4% da poboación, é dicir, un de cada 5 cidadáns, merca a través da Rede, unha mostra do potencial do comercio electrónico, ó igual que o feito de que entre 2007 e 2010, a compra de produtos por internet subira en 4,4 puntos porcentuais, segundo un estudo da Escuela de Administración de Empresas (EAE), unha institución con máis de 50 anos de traxectoria que se adica á formación no ámbito empresarial. Un exemplo da repercusión que pode ter a venda on line na actividade dunha empresa é Bicicletas Guillermo, unha firma monfortina que factura o 70% das vendas a través deste sistema.
As empresas que desexen adherirse a www.losproductosdelugo.com poden facelo de xeito totalmente gratuíto, informándose sobre esta iniciativa ou facer a súa solicitude chamando ó 982-26-00-77 ou enviando un correo electrónico a ecomercioinnovate@deputacionlugo.org. A Deputación ofrece asesoramento persoanlizado e continuo ás firmas.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



