ECONOMÍA E INDUSTRIA MOSTRA AOS EMPRESARIOS DE LUGO AS POSIBILIDADES DA ECO-INDUSTRIA NUNHA XORNADA SOBRE INNOVACIÓN DESTINADA AO SECTOR GANDEIRO E AGRÍCOLA
Grazas á Ecoinnovación é posible obter bioproductos e bioservizos a partir dun mellor aproveitamento de recursos da gandería e a agricultura
A xornada, que terá lugar na Escola Politécnica de Lugo o 24 de maio, diríxese a empresarios, emprendedores, entidades e organizacións vinculadas á promoción empresarial, a investigación e a innovación
Lugo, 20 de maio de 2012. A Consellería de Economía e Industria, dentro do Plan Impulsa Lugo, presentará o vindeiro 24 de maio en Lugo o proxecto Ecoinnova, co obxectivo de promover a incorporación de procesos innovadores na xestión dos negocios, e amosar novas potencialidades do entorno natural que permiten a implantación dun sector empresarial emerxente denominado Eco-Industria.
A Eco-Industria impulsa a actividade económica aproveitando de forma sostible os recursos endóxenos do territorio, fomenta a creación de emprego verde e contribúe ao desenvolvemento local a través da posta en marcha de novas empresas e a diversificación das actividades xa existentes.
A través dun percorrido polos sectores e escenarios máis identificativos da cornisa Cantábrica, o proxecto Ecoinnova, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, investiga para detectar a posible obtención de bioproductos ou bioservizos a partir de recursos locais pouco aproveitados, mediante a incorporación na estratexia empresarial de procesos de investigación, innovación, cooperación e creatividade.
Os resultados da investigación e a súa aplicación empresarial mostraranse na xornada do vindeiro 24 de maio a través dunha produción audiovisual en formato documental. O recurso elixido, para o primeiro documental da serie, é a gandería bovina de leite e carne, con gran potencialidade para xerar novos produtos industriais.
Durante a xornada, na que se pretende difundir e divulgar as potencialidades da ecoinnovación, proxectarase o documental “Muuuucho más que leche”, que contou coa participaron de empresas e entidades galega. A través deste documental explicarase cómo, mediante a aplicación de procesos ecoinnovadores, se poden xerar novas actividades empresariais a partir dun recurso tan tradicional e tan noso como a gandería bovina de leite e carne.
Ademais, empresas galegas do sector da agroalimentación contarán as súas experiencias en Ecoinnovación e expertos nesta materia amosarán as vantaxes da súa aplicación para as empresas.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



