DEZ MIL TAPAS SE SERVIRON NOS TRES PRIMEIROS DÍAS DO RIBADEO DE TAPEO. ANA MARTÍNEZ FAI UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DESTES DATOS.
Ribadeo, 21 de maio de 2012. Dez mil tapas se serviron nos tres primeiros días da sétima edición do certame gastronómico Ribadeo de tapeo, segundo os datos facilitados esta mañá pola concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez. Ata o 27 de maio será posible saborear as 51 propostas realizadas polos establecementos participantes.
Martínez fixo unha valoración moi positiva da participación nos primeiros días do Ribadeo de tapeo, “xa que segundo nos comentan os establecementos participantes xa van consumidas, desde o venres e ata o domingo, arredor dunhas 10.000 tapas, un número máis que considerable”.
A edil de Desenvolvemento Local e Turismo tamén se referiu aos Soños gastronómicos, “este produto que puxemos en marcha neste 2012 como novidade e no que os hoteis que se integran no tapeo agasallan con descontos do 15% e unha sorpresa gastronómica aos seus aloxados. Estes soños xa nos trouxeron esta fin de semana xente a Ribadeo procedente de Galicia, Asturias, País Vasco e Madrid. Estas persoas achegáronse á nova vila a participar no tapeo exprés que lles propuxemos e a disfrutar do noso concello”.
Ana Martínez reiterou a invitación a visitar Ribadeo “a todas esas persoas que aínda non se achegaron a degustar as tapas para que veñan a facelo e a disfrutar de todas as actividades que se levan adiante estes días en Ribadeo. Queremos que veñan vivir con nós este Ribadeo de tapeo, no que se entremezclan gastronomía, arte, cultura…”




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



