O CONCELLO PIDE AOS VECIÑOS A TRAVÉS DUN BANDO QUE NON EMPREGUEN BIOCIDAS QUE CONTEÑAN FLUFENOXURÓN PARA FUMIGAR OS SEUS MONTES. ESTE PRODUTO É MOI PERIGOSO PARA A VIDA ACUÁTICA E A UNIÓN EUROPEA NON DESBOTA QUE POIDA TER EFECTOS PERXUDICIAIS PARA A SAÚDE DAS PERSOAS.
Ribadeo, 31 de maio de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, ven de asinar un bando informativo dirixido a todos os posuidores de montes que precisen levar a cabo labores de fumigación para que non utilicen o flufenoxurón, dadas as fatais consecuencias que o seu uso pode xerar para o medio ambiente e para a saúde das persoas. Trátase dun principio activo de varios insecticidas que ata o de agora se empregaba para loitar contra as pragas de gurgullo. O equipo de goberno levará unha moción ao vindeiro pleno para abordar este asunto, segundo anunciaba este mediodía o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O edil nacionalista explicou que “este asunto se abordou no encontro que mantivemos o pasado venres. O flufenoxurón estáse a utilizar para as fumigacións nos eucaliptos contra o gurgullo. A xuntanza foi moi entretenida, había veterinarios, enxeñeiros agrícolas, todos especialmente preocupados polo que está a suceder. Todos sabemos que a Xunta está a ofrecer fumigar gratuitamente os montes e os propietarios poden darlles autorización para que así o fagan”. Horacio Cupeiro dixo que “o regulamento de execución 942/2011 da Unión Europea determinou a non aprobación desta substancia activa, o flufenoxurón, o que supón na práctica e en resumo que os bioidas que a conteñan quedarán sen autorización a partires do 1 de agosto de 2012”.
O concelleiro de Medio Ambiente indicou que “o flufenoxurón é un biocida de baixa degradabilidade e moi perigoso para a vida acuática; pode matar insectos, non só o gurgullo, senón tamén as abellas e calquera que inxira algo que estea pulverizado con esta substancia, dado que é un insecticida xenérico”. Horacio Cupeiro relatou que “eu levo tempo falando con técnicos e con persoas autorizadas na materia para poder saber que é o que hai detrás de todo isto. Cando un sabe que este produto pode ser nocivo para a vida acuática ou incluso para a saúde das persoas debe tomar precaucións”.
O equipo de goberno levará ao vindeiro pleno unha moción para abordar este asunto “e ao mesmo tempo sacamos un bando para que os veciños saiban de qué se trata. Nós pregámoslles aos posuidores dos montes que precisen levar a cabo labores de fumigación que non utilicen estes produtos desde xa mesmo, dadas as fatais consecuencias que o seu uso pode xerar para o medio ambiente e para a saúde das persoas”. Cupeiro manifestou que “empregar este produto non é a solución, será mellor cortar desde xa este tipo de pulverizacións dadas as dúbidas que ten a Unión Europea de que realmente isto pode ser nocivo para as especies acuáticas e non se sabe si para o resto, deixemos polo tanto de empregar xa o flufenoxurón”.
BANDO
DON FERNANDO SUÁREZ BARCIA, ALCALDE-PRESIDENTE
DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO
FAI SABER
– Que o Regulamento de Execución número 942/2011 da Comisión Europea, de 22 de setembro de 2011, determinou a non aprobación da substancia activa flufenoxurón o que supón, na práctica e en resumo, que os biocidas que conteñan dita substancia quedarán sen autorización ó longo deste ano e que ademais deixaranse de comercializar a partir do 1 de agosto de 2012.
– Que o flufenoxurón (principio activo dos insecticidas Cascade de Basf, Distant de Trade Corp ou Kimlux de Sapec), e que ata agora se utilizaba para loitar contra as pragas de gurgullo nos nosos montes:
– É un biocida de baixa degradabilidade e moi perigoso para a vida acuática.
– Pode matar insectos, non só o gurgullo senón tamén as abellas e calquera que inxira algo que estea pulverizado con esta substancia, dado que é un insecticida xenérico. Mesmo pode afectar ós paxaros de forma indirecta.
-A Unión Europea non desbotou que este produto puidera ter efectos prexudiciais para a saúde das persoas.
E por iso, apelando á necesaria concienciación cidadá e ó respecto e solidariedade que cómpre ter tanto co medio ambiente como cos nosos veciños prégase ós posuidores de montes que non fagan uso deste biocida censurado pola Unión Europea, debido á confirmación dos danos que o seu uso causa no medio ambiente e das dúbidas sobre os que podería xerar noutros animais e mesmo para a saúde humana, ó que se suma o feito de que incluso coa súa aplicación non se acabaría coas pragas de gurgullo.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ribadeo, 31 de maio de 2012.
O ALCALDE,






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



