Jose Manuel Balseiro sinala que socialistas e nacionalistas terán a oportunidade de rectificar no Pleno cando o PP someta á consideración do Parlamento a proposta de ditame remitida pola Consellería do Medio Rural e do Mar
O GRUPO POPULAR LAMENTA QUE PSOE E BNG PRETENDAN ENGANAR AO SECTOR E BOICOTEEN A NECESARIA UNIDADE ANTE A REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN
Acusa á oposición de non estar á altura ante un debate importantísimo para o futuro do sector marítimo-pesqueiro e de agochar con mentiras a súa nula vontade de acordo
“O Goberno e o Partido Popular aquí levan a iniciativa e están a actuar dun xeito responsable, pero o problema radica en que, por unha cuestión de protagonismo, PSOE e BNG non poden aceptalo”, explica Balseiro
Santiago, 31 de maio de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lamentou que PSOE e BNG “intenten enganar ao sector coa súa actitude destrutiva e boicoteen a necesaria unidade e a posibilidade de traballar xuntos a favor do sector pesqueiro diante da futura reforma da política pesqueira común, todo iso a pesar da importancia que este debate ten para Galicia”.
Os populares consideran que socialistas e nacionalistas “non estiveron á altura do que deberan ser uns representantes do pobo e os primeiros defensores dos intereses de Galicia e da súa pesca, marisqueo e acuicultura” e, pola contra, “disfrazan con falsos pretextos formais e mentiras a súa nula vontade de chegar a un consenso”.
POSIBILIDADE DE RECTIFICAR
Con todo, Jose Manuel Balseiro sinala que as forzas da oposición terán a oportunidade de rectificar este comportamento “errado e irresponsable” no Pleno cando o Grupo Popular someta á consideración do Parlamento de Galicia a proposta de ditame remitida pola Consellería do Medio Rural e do Mar ao respecto da reforma da Política Pesqueira Común.
Balseiro explica que o PP se ve obrigado a levar esta iniciativa ao Pleno do Parlamento “porque eles non estaban dispostos a traela” e anotou que “nós consideramos fundamental dar unha resposta ante a reforma da política pesqueira comunitaria e non podemos renunciar a defender, sen máis demora, nin obstáculos, os intereses do sector pesqueiro galego”
FALSOS PRETEXTOS
En relación coa polémica xurdida respecto desta proposta de ditame, Jose Manuel Balseiro considera que tanto PSOE como BNG pretenden buscar “un falso pretexto, unha escusa, nun intento desesperado por disimular ante o sector e agochar con mentiras a súa nula vontade de acordo”.
Neste sentido, lembra que (como xa adiantou a propia Consellería do Medio Rural e do Mar no día de onte) a proposta de ditame rexistrada no Parlamento (coa corrección de erros correspondente no seu título) dirixida a súa presidenta, Pilar Rojo, estaba acompañada dunha carta, asinada pola conselleira Rosa Quintana, na que indicaba de xeito explícito que non foi posible o acordo das forzas políticas ao respecto deste texto e que o documento adxunto correspondíase coa última versión sometida a debate no grupo de traballo entre os grupos parlamentarios.
Balseiro recorda, ademais, que a constitución deste grupo de traballo foi consensuada na Cámara galega despois de que PSOE e BNG aceptaran unha emenda do PP que pedía precisamente crear este espazo de diálogo. Balseiro releva que, fronte a unha actitude do PSOE que, “sobre todo nun primeiro momento, foi de absoluta colaboración e diálogo, todo hai que recoñecelo, atopámonos coa intransixencia do BNG.”
“O Goberno e o Partido Popular aquí levan a iniciativa e están a actuar dun xeito responsable, pero o problema radica que, por unha cuestión de protagonismo, nin PSOE nin BNG poden aceptalo”, conclúe Balseiro.
Á CONSIDERACIÓN DO CONSELLO GALEGO DE PESCA
De prosperar a iniciativa parlamentaria que o Grupo Popular levará ao Pleno do Parlamento, a Cámara asumiría como propia a proposta de ditame diante da reforma da política pesqueira común.
Inmediatamente despois, tal e como se tiña previsto no primeiro acordo parlamentario adoptado, o Grupo Popular pide que se lle dea traslado deste texto ao Consello Galego de Pesca (máximo órgano consultivo da Consellería e no que está representado todo o sector marítimo-pesqueiro galego) para que faga as súas propostas, enriquezan o ditame final nos aspectos que estimen convenientes e eleven a definitivo unha proposta de país, de Galicia, para que teñan coñecemento dela na Comisión Europea e sometan a debate as súas suxestións.
Desde o Grupo Popular defendense, entre outras cuestións, o necesario equilibrio dos aspectos social, económico e da sustentabilidade ambiental nos aspectos que recolla a futura normativa; a flexibilización do obxectivo de Rendemento Máximo Sostible; a articulación de medidas de axuda e apoio nas políticas de minoración de descartes; a introdución das concesións de pesca transferibles (salvo para a pesca artesanal); a derrogación da estabilidade relativa; o reforzo do papel dos Consellos Consultivos Rexionais; a mellora do fondo europeo de pesca e da estrutura de mercados pesqueiros; e a identificación e recoñecemento das especificidades da flota costeira artesanal e do marisqueo galego.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



