EcoGaleguistas asegura que tras os ataques á sanidade pública acóchanse intereses económicos privados
Espazo Ecosocialista incorpórase á Plataforma SOS Sanidade Pública e
apoia a mobilización do domingo 3 de xuño en Santiago de Compostela
Espazo Ecosocialista (Ecogaleguistas) vemos con moita preocupación que tanto o
goberno central do Estado como o da Xunta de Galicia teñan tomado unha serie de
medidas lexislativas que atinxen á cidadanía de Galicia, que polas súas características
económicas, sociais e demográficas, van agravar de especialmemte a situación
sanitaria da poboación, así como a repercutir no empeoramento do propio “estado de
saúde” da mesma.
Os criterios polo que manifestamos o anterior baséanse no seguinte:
– Os orzamentos dedicados a sanidade teñen baixado de maneira
importante nos 3 anos de mandato do goberno de Núñez Feijoo
– O investimento en infraestrutura sanitaria é moi deficitario, acudindo á
financiación pública-privada que fai triplicar o custe dos investimentos co
lucro de entidades privadas
– A Anulación do Plan de Mellora para Atención Primaria provocou a perda
dun número importante de profesionais sanitarios
– O re-pagamento das receitas por parte dos pensionistas ademais de rachar
a unidade do aseguramento único, resulta especialmente gravoso para a
poboación maior de 65 anos que ten unha pensión media das máis baixas do
estado, cunha cantidade que ronda os 600 Euros. O decreto que limita/prohíbe
o acceso ás prestacións universais e de balde do sistema público a parados
de longa duración. Ao anterior hai que sumarlle unha taxa de 10 euros pola
renovación da tarxeta sanitaria.
– A lexislación dun novo recorte nos dereitos sanitarios que afecta a
sectores afectados por graves problemas de saúde como son as persoas
con amputacións, cancros,parálises, minusvalías graves e incapacitantes que
terán que adiantar o custe dos materiais ortoprotésicos ou pagar o transporte
sanitario, incluso o transporte con carácter de urxencia sanitaria.
– Autorizar o peche das oficinas de farmacia naqueles lugares onde non
exista PAC. Medida que supón un esforzo económico e social engadido nun
territorio con alta dispersión xeográfica e onde os medios de transporte público
non cobren ou o fan de xeito moi precario a nosa xeografía.
– Peche de centros de saúde e supresión de prazas de médicos en centros
de saúde e ambulatorios
Todas estas medidas e algunhas outras, non van servir nin para aforrar, nin para
superar unha crise económica da que os verdadeiros responsables están saíndo
indemnes (cando non, premiados con copiosas e contiosas indemnizacións de
agradecemento ‘polos servizos prestados’) e a inmensa maioría dos cidadáns temos
que sufrir as consecuencias.
O diñeiro público que temos aportado tódolos contribuíntes para axudar á banca
equivale ao 11,5% do PIB anual, e segundo os datos oficiais o “suposto burato
da sanidade” polo que se están a xustificar estes recortes é só do 1,6% do PIB.
Consideramos estas medidas moi inxustas e insolidarias, e sobre todo nunha nación
como Galicia cunha situación socio/económica marxinada, o que se traduce nun
auténtico “golpe de estado” a un modelo sanitario universal, solidario e equitativo como
o actual. Pensamos que o dereito a protección da saúde pasará de ser un dereito
básico das persoas a se converter nun negocio no que son moitos os
estamentos públicos e empresas privadas actuando con complicidade e alevosía
para pór por riba dos intereses públicos, os que dictan os seus petos.
Por todo o exposto, Espazo Ecosocialista (Ecogaleguistas) manifesta o seu
firma e irrenunciable apoio á sociedade organizada que se vén mobilizando a
prol da Sanidade Pública en Galicia representada por SOS Sanidade Pública e
que ten convocada una manifestación o día 3 de xuño en Santiago de
Compostela en defensa da Sanidade Pública.
+ Info: www.ecogaleguistas.org



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



